Todos escribimos por vaidade. Escribimos co desexo de que nos lean e de que outros gosten de nós, mesmo naqueles casos nos que o pudor e a vergonha acaban por paralisar todo intento de difusión. Escribimos para nós, pero tamén escribimos para alguén, ou para alguén aínda por conhecer. Todos andamos á procura de xente coa que compartir os nosos pensamentos, as nosas emocións, e tamén polo tanto os nosos escritos.
Escribir debera ser algo tan natural como ler. Independentemente da nosa habilidade creativa, da nosa capacidade para xuntar palavras e estructurar de xeito ordeado un texto, escribir é un magnífico costume que a escola e outras instancias represoras se encargan de facernos esquecer. Lamento profundamente que para moita xente a escritura deba ser un exercicio exclusivo de grandes
popes, en calquera nível. A min paréceme estupendo que cada un escriba o que lhe pete, que se desafogue contra o papel ou contra unha pantalha de ordenador; e paréceme moi lexítimo que logo haxa quen o considere unha merda, ou quen o considere unha xoia.
Nestes últimos tempos hai
moito rebumbio na parroquia blogueira a conta dun cabaleiro que se adica a comentar bitácoras. O tipo fai moi ben en escribir esas cousas se así é feliz, e en verdade os seus textos califícanse por si mesmos: bastoume ler algunhas noxentas insinuacións a
rvr para entender que non tinha necesidade de perder máis tempo por alí. Esa páxina non volverá ocupar
nunca máis un só minuto da minha vida.
Miren, hai un feixe de cousas fermosísimas que ler. Cinxíndonos aos blogs, que é o que nos ocupa, a lista de visitas obrigadas empeza xa a ser extenuante. Do
osito ao
Pez, de
Ender a
Yogurtu, de
Vendell a
ElDa se volve, e fíxense que nin sequera saín
de casa. Logo, o repaso a actualidade bitacoril galega, empezando por
EMF e
IaRRoVaWo, e seguindo pola lista que anda por aí á dereita. Caminho de Brasil para encontrarme co amigo
Omar fago escala en Portugal, no
aaanumberone, polo cal conhecín varios fantásticos blogs (direi melhor
blogues, companheiro Leonel?), como o brilhante
Abrupto. Cruzamos o oceáno con destino Florianópolis, onde o mestre
César Valente imparte leccións de estilo e bon espírito.
Pedro Lemos é sempre fonte de boas ideas e boas referencias. A moitos kilómetros de alí, o
Eddy transmítenos saudades e sensacións con prosa emotiva e ben coidada. E logo o
Cris Dias, e
este, e
aquel... E podía seguir con
Descalza&Tesuka,
Borja,
Jaio,
Akin,
Daurmith,
Jueves,
Algernon, e polo imprescindível
libro de notas e
no mínimo... A lista que aparece á dereita non está posta ao chou. Non están todos os que son, pero si son todos os que están: permítanme o tópico. Non fai falta ir a todos todos os días, pero recoméndolhes vivamente que lhes dean un repasinho, de cando en vez.
En fin, que coa de cousas interesantes que hai por aí adiante confésolhes que non estou disposto a perder tempo con
parvadas de instituto. E ademais, as conspiracións só me interesan se están contadas por John Frankenheimer. Un director de cine, non me pensen mal.
¶