Xa sei, xa sei: estoume ponhendo un pouco pesado coa Cássia Eller, a quen se lhe adicaron anteriormente dúas entradas neste blog (esta e aquela). Pero tenho poderosas razóns para facelo: primeiro, que a Cássia foi unha artista excepcional, dona dunha voz que namora a quen a escoita. Segundo, que segue sendo moi pouco conhecida a esta beira das augas grandes e que é imposível atopar discos dela nas tendas. Así que permítanme que siga na minha cruzada persoal a prol da falecida cantante brasileira, hoxe facendo unha lista de dez grandes cancións que ela fixo máis grandes aínda. Para que a disfruten todos vostedes, e para que Jueves Addams ponha a andar ao seu borriquito:
All Star
As coisas tão lindas
De esquina
E. C. T.
Garota de Ipanema
Gatas extraordinarias
Malandragem
O meu mundo ficaria completo
Milagreiro
No recreio
Partido alto
Por enquanto
1º de Julho
Queremos saber
Relicario
Segundo Sol
gracias a los consejos que aquí leí, ya conseguí una bella selección de música brasileña... y ahora escucharé a Cássia Eller, que en verdad desconocía.
Saludos (ya puse al borriquito a trabajar)
para cualquier gallego que ande por ahí, Cássia es lo mejor que he oído en mucho, mucho tiempo. Canciones? o segundo sol, por enquanto, luz dos olhos, um branco, um xis, um zero..., muchas.
Es imposible conseguir nada en España de ella. Quién puede decidir que se conozca y nos dejen de triunfitos? hay alguien por ahí
Iso digo eu, hai alguén aí?
Por se a algunha editora musical lhe serve de estímulo, debo dicir que todos os amigos aos que lhes dei a escoitar o disco ficaron encantados coa Cássia. Seguro que a SGAE pareceralhe un delito que eu piratee CDs de Cássia e que me baixe by the face as súas cancións en MP3, pero asegúrolhos, queridos timadores da SGAE, que nada me faría tan falez como poder mercar os discos dela nas tendas, cousa que como ben di Eva en España é imposível.
Por certo, os galegos temos a ventaxa do idioma (por raro que lhe pareza a Luz Pozo, co galego entendémonos bastante ben cos brasileiros), pero os espeñolfalantes non deberían perder tampocuo a ocasión de achegarse á súa música. Conhece vostede a súa versión do "Smell like teen spirit", o "Little wing", ou o seu excepcional "Sergeant Pepper"?
Gracias por pasar por aquí, Nils. Certo que Cassia Eller canta (cantaba) moi ben. En España é imposível atopar discos dela, así que non queda outro remedio que facer uso deses programas para compartir ficheiros tan populares...
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)