caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Uma poética do pensamento
> Uma poética do pensamento <

Na sección de libros do exemplar desta semana de A Nosa Terra aparece a seguinte referencia:

Artaud e o corpo poético

A doutora en Literatura Comparada Ana Kiffer elabora unha análise da obra do escritor francés Antonin Artaud (1896-1948) dende o seu primeiro proxecto para un Teatro da Crueldade ata os seus últimos escritos en Antonin Artaud. Uma poética do pensamento. Un estudio do proxecto de Artaud para producir unha linguaxe plástica e poética; a relación entre o trazo do deseño e o trazo da palabra na procura da ruptura coa lóxica da linguaxe a través dun pensamento do corpo que cuestione as categorías e operacións propias do pensamento. Editado pola Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor" acompáñase dun anexo con debuxos do escritor.

En fin, sempre é un pracer falar dos amigos, alí onde se atopen.

2003-07-11, 07:55 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9714

Comentarios

1
De: tarciso Fecha: 2003-07-11 14:25

Agora mesmo irei ler algo sobre Antonin Artaud, nesse mesmo blog. Amanha procuarei algo sobre Ana Kiffer.
Gosto de passar nesse blog, apesar da dificuldade que ora encontro para ler, pois fico informado com coisas como essas.



2
De: Vendell Fecha: 2003-07-12 03:56

¿Cómo puido un semanario de orde como A Nosa Terra publicar unha reseña dunha obra sobre Artaud? De seguiren así a semana que ven aparecen con algunha cousa sobre o Ubu Rey de Jarry.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-12 05:14

Obrigado, Tarciso, pola súa xenerosidade.

Vendell, onde agardaba ver vostede resenhas sobre Artaud? En La Razón? ;-)



4
De: Omar Fecha: 2003-07-14 04:42

Amigo Martin, você sozinho é uma agência de informação (generosa). Até medo dá...



5
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-14 11:11

Amigo Omar, o que sucede é que eu gosto moito de ler os periódicos polas esquinas, que é onde se atopan as cousas interesantes.



6
De: Nadja Fecha: 2005-09-21 00:47

Sou aluna de Ana, e mesmo não a conhecendo além disso, digo apenas que a mim me parece sensacional!
Não tinha conhecimento deste livro, irei, obviamente, procurar ler...



7
De: Martin Pawley Fecha: 2005-09-26 03:11

Obrigado por pasares por aquí, Nadja.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.166.238.61 (01bd5c8f63)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley