caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Outro mundo ten que ser posíbel
> Outro mundo ten que ser posíbel <

Onte deuse a coñecer o Informe sobre Desenvolvemento Humano do 2003 da ONU. Unha vez máis recolle datos desoladores que deberiamos ter sempre moi presentes (máis de mil millóns de seres humanos sobreviven con menos dun euro ao día... un de cada cinco nenos non acaba a escola primaria... na África negra a probabilidade de que un neno remate os seus estudios primarios é dun 33%... na Asia meridional un de cada catro nenos non recibe educación... no 2001 catorce millóns de nenos perderon a algún (ou aos dous) proxenitores por mor da SIDA... cada minuto morre unha muller nalgún lugar do mundo durante o embarazo ou o parto... preto de oitocentos millóns de persoas padecen fame crónica...).

Onte, oito de xullo, foi o primeiro día desde que naceu este blog no que aquí non apareceu texto ningún. O silencio, a ausencia de palabras, resaltada neste caso pola presencia desa única data sen subraiar no calendario, é o xeito máis ruidoso que atopei para expresar o horror que esta realidade debe inspirarnos a todos. Son dados que deben facernos sentir vergoña, pero de nada serve ficar paralisados no cómodo refuxio dun lamento baleiro.

Un mundo diferente precisa de ideas diferentes.

2003-07-09, 10:52 | 17 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9653

Comentarios

1
De: ock Fecha: 2003-07-10 08:46

o máis dificil é ver o bosque(das ideas)despois desa árbore-mundo de datos



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-10 09:46

É difícil, pero tamén é tan necesario...



3
De: xesus Fecha: 2003-07-10 09:58

- Gracias a "un rencoroso enfermo de cinefilia" por enlazarme no seu blog dias estranhos, e gracias tamén a xusto.com polo mesmo. Prometo incluir no menú da esquerda da páxina, nos "enlaces", unha relación dos mellores weblogs galegos. Dádeme tempo.
día 10-xullo-2003 en www.bretema.net
Gracias.



4
De: Descalza Fecha: 2003-07-10 10:07

Os ricos cada vez serán mais ricos, e os pobres mais pobres aínda...é a lei dun sistema capital onde as medidas satisfan ós cidadáns de "primeira" (obra do capital).Xa o dicia "la bruja avería" "Viva el mal, viva el capital..."
Para que diga que non comento...;-)



5
De: borja Fecha: 2003-07-10 10:14

Un terceiro mundo e necesario para que exista un primeiro...

o primer pensamento que debemos facer e; para igualar as diferencias debemos desprendernos desta sociedade basada no "mello que sobre que falte" ¿estamos dispostos en xeral a tal sacrificio?

mentres non estemos dispostos o sacrificio non habera posibilidade de igualdade

un saudo martin



6
De: Jueves Addams Fecha: 2003-07-10 19:08

El concepto de Progreso es engañoso: un dios que exige sacrificios, no puede ser bueno... (lo saqué de un libro de R. Sánchez Ferlosio, "Mientras no cambien los dioses, nada ha cambiado"). Me gustaría un mundo donde se igualase por arriba y no por abajo: todos prósperos en vez de todos pobres...



7
De: borja Fecha: 2003-07-10 23:42

quizas la llave de la igualdad y la rotura de las diferencias este en la tecnologia...

tecnologia en la ganaderia y agricultura intensiva, usar invernaderos y formar a la gente que por alli habita pero claro...

no es el problema que no se quiera hacer.. el problema es que no interesa que el 3º mundo despierte y haga temblar el sistema de valores capitalista que a tantos adinerados a dado grandes alegrias



8
De: Ender Fecha: 2003-07-11 02:23

Según dicen, igualar por arriba sería complicado... Hay quien ha estudiado las repercusiones que traería para la atmósfera el que los chinos se pusiesen a comer carne de vaca al mismo ritmo que nosotros (o algunos de nosotros).



9
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-11 05:36

Creo que ten razón Borja: o sistema no que vivimos está basado na miseria de milhóns de persoas. Se queremos que non haxa fame e pobreza, teremos que cambiar moitas cousas.



10
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-07-11 06:39

Si, hai que cambiar moitas cousas... pero imos de cú costa arriba pra cambialas. Iso si, antes aínda estaba peor.



11
De: Akin Fecha: 2003-07-11 07:37

Antes non estaba peor, aquí si, no África non.



12
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-11 08:19

O que di Akin é certo: o informe da ONU reconhece que nos últimos dez anos as cousas non só non melhoraron nada na África, senón todo o contrario. A esperanza de vida en moitos países está caíndo espectacularmente por mor do SIDA e en xeral os países pobres están facéndose cada vez máis pobres e tenhen máis e máis lonxe a posibilidade de converxer co primeiro mundo. Isto é unha realidade que responde a dados obxectivos, por moito que siga habendo entusiastas defensores do ultraliberalismo linha FMI que cren que o mercado ten sempre solucións para todo...



13
De: tarciso Fecha: 2003-07-11 14:31

sim, um outro mundo é necessário. E frente a esses dados é impossivel pensar outra coisa. No entando, vc diz que para um novo mundo é preciso novos pensamentos. Mas eu digo mais, para um novo mundo é preciso novos pensamentos e novas práticas. De nada ficar "de nada serve ficar paralisados no cómodo refuxio dun lamento baleiro" pensando.



14
De: tarciso Fecha: 2003-07-11 14:32

PS. mas ha uma pergunta acerca desse outro mundo: Que mundo é esse? Uma coisa eu digo por mim, um mundo proposto pelo Forum Social Mundial não sei se seria muito melhor que esse mundo que se apresenta frente a nós.



15
De: Akin Fecha: 2003-07-11 17:16

¿Que outro mundo?

Moi doado, un no que a xente non morra de fame, así de sinxelo.



16
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-07-12 01:47

O de que antes estaba peor o dicia porque antes naide estaba pola labor de cambiar, agora algúns si estan na labor.



17
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-12 05:08

Tamén tes razón niso, IaRRoVaWo. As reivindicacións sociais son un fenómeno relativamente recente. Canta xente se preocupaba hai só cen anos polo benestar do conxunto da humanidade? É certo que agora hai máis xente que nunca esixindo reformas e aportando ideas, o cal é unha razón para a esperanza.

Tarciso, por suposto que non podemos ficar na teoría: é tempo de pasar aos feitos. Iso inclúe reflexionar sobre a xustiza do mundo no que vivimos, e ver até que ponto a nosa prosperidade depende da miseria de moitos milhóns de seres humanos. Estamos dispostos a renunciar a seguir crecendo ao mesmo ritmo que até agora, ou mesmo estamos dispostos a ceder parte da nosa riqueza, para contribuír a que os que nada tenhen empecen a ter algo? Hai recursos ilimitados para todos, ou é xa hora de ir ponhendo o freo? Non sei se o FSM ten as solucións óptimas, pero quen desde logo non as ten é o FMI, e se non, que lho pregunten aos arxentinos...

Ao final, o que procuramos é tan sinxelo como o que pregoa Akin: un mundo no que a xente non morra de fame e de enfermidades que aquí son perfeitamente inofensivas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.109.48 (753af037c7)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley