CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Leite
> Leite <

(A Descalza&Tesuka)

A nena chora coa fame en noites pegañentas de verán. A nai descolga o corpo da cama cara ó seirón e calma os seus salaios con aloumiños. Logo ponse en pé para darlle de mamar. Ao erguerse sente como se lle escapan pingas do seu leite polo corpo abaixo, mollando o camisón, caendo no poeirento chan de madeira cun escintileo de estrelas, prateadas pola lúa. Mollada en suor e leite a un tempo.

2003-07-07, 09:41 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9579

Comentarios

1
De: Descalza Fecha: 2003-07-07 18:46

Gracias é precioso...;-)



2
De: Tesuka Fecha: 2003-07-18 20:53

Snif...snif.... moitas gracias.

A nai acerca o seu peito ós beizos da pequena e sorrí. Sorrí a pesar da aguda dor. Sorrí e sabe que nunca vai ser máis feliz.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-19 12:49

A nai déitase de novo, desfeita pola dor e o agotamento. Os días resultan extremadamente longos cando se ten tan pouco. Pecha os olhos con forza para non sentir a soedade. Dorme unha noite máis preguntándose cando os seus poderán cruzar o mar.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.61 (075cbc2d8b)
Comentario

tradución automática: es pt






doa os teus órganos!



axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos

cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley