caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Kate
> Kate <



"Hai mulheres e mulheres, e ademais está Kate. Hai actrices e actrices, e ademais está Kate"
Frank Capra

Posivelmente, a única ocasión en toda a súa filmografía na que John Ford se permitiu darlhe un xenuíno tratamento de estrela a un dos seus intérpretes foi en Mary of Scotland a respeito de Katharine Hepburn. O grande mestre foi logo xeneroso cun case desconhecido John Wayne, a quen lhe regalou en The Stagecoach unha das melhores presentacións dun personaxe de toda a historia do cine; e foino de novo con Woody Strode, ao convertilo en Sergeant Rutledge nun heroe de dimensións case olímpicas. Pero só con Katharine se recreou en primeiros planos tan ao estilo do Hollywood dourado, nun exercicio de fascinación e de amor que, ao parecer, ultrapasou ás pantalhas para se converter nun idilio real. Mary of Scotland non soe ter moi boa prensa entre moitos críticos e estudiosos da obra de Ford, por razóns que non acabo de entender. Un dos seus biógrafos, Scott Eynmann, despáchase a gosto dicindo que "está moi ben fotografada por Joe August, pero iso é todo", nun dos diversos momentos de absoluto despiste mental que revela ao longo do seu extenso "Print the legend", editado en España por T&B Editores. En realidade, Mary of Scotland é un estupendo drama histórico, que podería ter sido melhor se a Waner Bros. lhe tivese prestado á RKO a Bette Davis para encarnar á raínha Elizabeth, como nun principio se pensou. Ao final fíxose con este papel Florence Eldridge, esposa de Fredric March, e a verdade é que estivo ben, pero sempre nos quedará a dúvida de que clase de chispas terían estoupado ao ver na mesma escena ás dúas máis grandes actrices de todos os tempos.

Onte morreu Katharine Hepburn, quizá a derradeira lenda do Hollywood clásico. A de Morning glory e a de Little Women, a de Sylvia Scarlett e a de Bringing Up Baby, a de The Philadelphia Story e a de Adam's rib. A de tantas e tantas películas que hoxe parécennos irrepetíveis, feitas nun tempo no que aos guionistas dabáselhes máis importancia que aos do departamento de efectos especiais. Iso que perdemos.

2003-07-01, 02:30 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9387

Comentarios

1
De: Akin Fecha: 2003-07-01 04:11

Coido que facía tempo que non votaba tanto de menos a unha descoñecida. Necesitei tres películas para sentirme un pouco menos triste, as tres que teño da súa extensa filmografía.

Ata sempre Katharine, mágoa non poideses viri eternamente na vida real como sen dúbida vivirás no noso recordo.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-01 08:27

Xa non quedan máis. Do Hollywood grande de verdade, xa non nos queda ninguén. Fica xente coma Kirk Douglas e directores coma Stanley Donen, pero eses xa son moi posteriores.

Postos a ficar cunha soa película, eu lembrareina sempre en The Philadeplphia Story.



3
De: jorge Fecha: 2003-07-02 03:38

A única vez que crin na monarquía foi cando Kate foi coroada "Raiña de África", xa que foi un reinado acadado con esforzo e acostumbrándose pouco a pouco o seu imperio, ó barco que a coroaba e que levaba o nome do seu cargo e, sobre todo, acostumbrándose pouco a pouco a "Mr. Allnut".
A raiña morreu. ¡Viva a raiña!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.136.26 (0935b18b09)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley