caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Orgulho Gay
> Orgulho Gay <

Hoxe celébrase o Día do Orgulho Gay, data que ten unhas certas connotacións cinéfilas. O 28 de xunho de 1969 tivo lugar a famosa batida da policía no Stonewall Inn, un after hours de ambiente homosexual de New York. Como tantos outros da época, o "Stonewall" tinha uns certos pontos de unión coa Mafia, e nel producíase venta ilegal de álcool. Naquela xornada a policía optara por pegarlhe un repaso aos locais nos que se producían actividades ilegais, pero casualmente puxo especial empenho nos lugares frecuentados por membros de colectivos minoritarios. Foron por bares gays, por bares povoados de cidadáns negros e por outros de clientela hispana. Casualmente, insisto.

Ás tres dunha madrugada calorosa e de lúa chea produciuse a entrada no Stonewall. Os camareiros foron arrestados por vender álcool sen licencia, e aos clientes pediuselhes que saísen de un e un. Ao principio todo sucedeu con certa calma, pero ao cabo duns minutos principiaron as protestas e o lanzamento primeiro de moedas e logo de botelhas. Os enfrontamentos proseguiron ao longo de bastantes minutos, coa participación de varios centos de persoas, imaxino que bastante fartas da súa marxinación.

Hai un feito que a lenda soe enlazar aos sucesos do Stonewall: a morte de Judy Garland. A célebre actriz morrera na súa casa de Londres o domingo anterior, 22 de xunho, por mor dunha sobredose de pastilhas. A Garland fora erixida nun mito proprio pola comunidade gay. Hai elementos na súa biografía que resultan moi suxerentes: pasou toda a vida caminhando de decepción en decepción, entre fracasos matrimoniais e a súa dependencia do álcool e das pastilhas; pero por riba de todo destacou pola súa capacidade para ir saíndo adiante e de reinventarse varias veces, desde a nena de The wizard of Oz á colosal actriz de A star is born, e finalmente á artista total que facía concertos nos que se baleiraba emocionalmente. O corpo de Judy Garland foi incinerado na tarde-noite do venres 27 de xunho, nunha xornada que para moitos dos seus seguidores tivo unha especial intensidade. Unhas horas despois, a policía tomaba os bares.

Esta é orixe da data que hoxe conmemoran de xeito festivo milhóns de persoas en todo o mundo. Na actualidade as parelhas homosexuais seguen carecendo de dereitos elementais dos que gozan as parelhas heterosexuais, como a posibilidade do matrimonio ou a adopción de filhos, e iso sen entrar no pequeno detalhe de que en moitas partes deste simpático planeta as súas relacións son simplesmente ilegais. As lexislacións da inmensa maioría dos estados parecen a estes efectos (e a outros: véxase o que pasa coa eutanasia) escritas non por xuristas, senón máis ben por Moisés. Ao autor deste blog parécelhe detestável que o estado queira influír tamén en aspectos tan íntimos e persoais como con quen dormimos ou como desexamos morrer, razón pola cal hoxe súmase con gosto á lembranza da data, como imaxino que fará calquera cidadán tolerante e respeitoso cos dereitos alheos. Por iso, e porque xa saben que eu son un rencoroso que ladra o seu resentimento polas esquinas.

2003-06-29, 02:58 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9329

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2003-06-29 05:42

arf arf arf



2
De: Jueves Addams Fecha: 2003-06-29 10:20

vaya, me pisaron el comentario, diré: guau, guau, guau



3
De: Akin Fecha: 2003-06-29 16:52

Pois si, oxalá que algún día teñan todolos dereitos. O que sucede é que non o creo, ó fin e o cabo, as posturas nestos dous temas so case o único que separa ós grandes partidos, aquí e en EEUU. Se oubese consenso neses temas ¿como os ía a diferenciar a xente, pola súa política económica? Non, necesitan manter estas polémicas, as clases de relixión, os dereitos homosexuais...



4
De: Jaitos Fecha: 2003-06-30 00:55

Si señor, o 28 de xuño de 1969 a lúa chea estaba en Scorpius, a carón de Antares...Por se fora pouco tamén ficaba alí o planeta
Marte (Ares)...
E xa se sabe, con Ares e Antares fronte a fronte, que nesas condicións a guerra
está servida...
Estráñame, Sr. Pawley, que ca súa fonda formación astronómica
fale vostede de casualidade...
Vai resultar que o séu, querido amigo, non é tal rencor...Vostede é sinxelamente un descreido
Unha apreta



5
De: Martin Pawley Fecha: 2003-06-30 05:00

Je, je, Jaítos... Pensaba vostede que eu ía ponher o da Lúa Chea así á lixeira, sen o comprobar?

En efecto, son un completo descreído. Nin sequera me convence el



6
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-06-30 12:12

A Constituição do Brasil, de 1988, não considera a união de pessoas do mesmo sexo como "entidade familiar". Para que os homossexuais possam ter esse direito reconhecido, teria de se fazer uma reforma constitucional. A reforma do Código Civil Brasileiro de 2002 não tocou no tema, pois entendeu que deveria ser "melhor discutido". A verdade, contudo, é que as igrejas ainda são muito influentes por aqui e atrapalham, muito, a aprovação de leis respaldando questões que, para os lúcidos, é ponto pacífico.



7
De: Jorge Fecha: 2003-06-30 15:22

O sábado colleume na capital do imperio e, por suposto, fun á "manifiesta".Sinto moito dicir que aquelo cheiraba a circo no que ós "mirandas" se refire. A xente protagonista das carrozas levaba un ambiente xenial e eu paseino realmente ben, pero a xente que estaba mirando ó meu redor facia uns comentarios do máis significativos e diume a impresión de que estaban alí máis para ver o que para eles son especímenes raros que para apoiar nada. En fin.



8
De: EMF Fecha: 2003-06-30 16:54

Unha "aclaraçao": na constitución espanhola tampouco se recoñece o matrimonio homosexual. Só se recoñece o matrimonio entre home e muller, non entre persoas do mesmo sexo. Como tamén di Pedro Lemos no seu post, tamén se necesitaría unha reforma constitucional para permitilo legalmente.



9
De: Ender Fecha: 2003-06-30 23:38

O que non pode facer unha constitución é delimitar o conxunto de persoas entre as que podes atopar ó teu/túa amante. Polo tanto, os artigos que intenten inxerir neste sacro terreo deberían ser considerados sin efecto.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-01 08:55

Jorge, pasar en poucas horas das súas satánicas maxestades ao desfile do Orgulho Gay é un exercizo de tolerancia e amplitude de miras que o honra! Sei que para moita xente os desfiles coma ese ao que vostede asistiu resultanlhes altamente repugnantes, o cal revela a súa intolerancia real: non se pode pretender aceptar a homosexualidade só cando é discreta e se mantén nun respeitoso silenzo para non nos ofender a nós os heterosexuais.

As Constitucións non son eternas, por forza. Se hai que cambialas, cambiaranse cando os meus concidadáns (e os teus, amigo Pedro) se decaten do moito que aínda hai de inxusto nelas.

En todo caso, e como vén a dicir Ender, as leis non poden nunca interferir nos afectos das persoas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.71.19 (f78779fd3b)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley