caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Indignidade sen fin
> Indignidade sen fin <

Hoxe andei por Alhariz, ilha nacionalista no corazón da cousa nosa ourensá. Governada polo BNG desde hai xa bastantes anos, é un exemplo de boa xestión municipal, con froitos que saltan á vista de calquera viaxeiro dotado de bo gosto. Paseei feliz a carón do río Arnoia, seguro de que chegará o día en que nos liberaremos do anxo exterminador e as cousas poderán facerse ben en moitas outras partes. Nesas estaba, ensimismado polo esplendor real daquela vila, cando unha chamada de teléfono fíxome lembrar, de súpeto, o esplendor irreal das nosas praias.

Resulta que hai unhas semanas un servidor pasou unha manhá de domingo en Carnota, axudando modestamente no labor de limpeza da praia de Larinho. Acompanhábanme o amigo Xosé e as amigas Susana, Paula e Nuria, e alí estivemos, adicados a raspar pedras baixo unha chuvia que non cesou ao longo de varias horas. A experiencia foi moi grata e dela xa lhes falara eu no seu día.

Pois ben: hoxe recibo chamada dos da Dirección de Voluntariado para anunciarme que van organizar un Curso de voluntariado ambiental e de ocio e lecer nas illas Cíes, "destinado a persoas de entre 18 e 35 anos con interese polo voluntariado ambiental". Ten parte teórica e parte práctica, pero tamén inclúe actividades náuticas coma o windsurf, kaiak e o mergulho de superficie, e "obradoiros", denominación baixo a cal se recolhen cousas como a elaboración de pulseiras de fíos, a globoflexia, a fabricación de cometas ou tinguido de camisetas. Duran 14 días e o prezo oscila entre os 36 e os 72 euros, ben barato, como poden ver. Cursos semelhantes van ser impartidos na ilha de Ons ao longo de todo o verán.

Imaxino que se me chamaron a min, tamén estarán chamando a toda a xente que nestes meses se achegou até unha praia e se puxo o mono branco para botarse a limpar chapapote. No exemplar do xoves de "El Mundo" díse que según un informe o chapapote procedente da famosa bolsa de cinco mil toneladas que anda flotando por aí seguiría chegando a toda a costa norte durante todo o verán, en función dos ventos e mareas característicos destas datas, como xa leva sucedendo nestes últimos días. Un informe interno do Ministerio de Fomento que ao parecer se deu a conhecer onte na Cadena Ser reconhecía que en moitas praias (desas aparentemente limpas) hai até cinco capas diferentes de fuel-oil. As galletas seguen aparecendo polos areais e o fuel das rochas e dos fondos está onde estaba, e o barco segue vazando unha cantidade considerável, por moito que ese delirio indigno chamado "El Correo Gallego" publique en portada que do barco non sairá "ni una gota" desde o mes de xulho, recolhendo unhas declaracións de Martín Villa. Isto é unha tomadura de pelo sen fin. A realidade segue sendo moi pringosa, pero a Xunta pon todo o seu empenho en dificultar ou directamente impedir o trabalho dos voluntarios, aos que se lhes contan unhas trolas grandísimas a través dun teléfono de (des)información. Non se está facendo nada desde a Xunta por coordinar con sensatez o esforzo das persoas que seguen querendo botar unha man para amanhar no posível a desfeita, pero, porén, deciden gastar os cartos en montar estes campamentos de verán nas ilhas, como se non houbera melhor destino para eles. Como se non ficase todo por facer. Como se todo estivese xa ben. Como se fosemos un país normalizado e próspero.

Isto é o que hai. Agora, chámenme resentido se lhes parece.

2003-06-27, 08:51 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9291

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2003-06-27 14:29

Vaia, polo menos o windsurf é un deporte ben divertido. Os obradoiros eses non teñen mala pinta e seguro que chegan o corazón desa maioría de voluntarios hippies e antisociales que trataron de sacar proveito da xenerosidade da Xunta.

País de merda.



2
De: Akin Fecha: 2003-06-27 19:40

Eses que algún alcalde de Muxía acusou de ladróns e fumadores de marihuana e cousas semellantes? Bah, agora apuntaranse a un curso distes xenerosos da xunta e montarán unha bacanal nas cíes.



3
De: EMF Fecha: 2003-06-27 19:51

Resentido!?. Somos todos uns resentidos, entón.

Eu iría, pero seguro que acaba un nunha lista que utilizarán os PPtroleiros para dicir co turismo subiu, a pesar do catastrofismo da oposición.
Como din por aquí: "¿Sabéis contar?. Pues no contéis conmigo".



4
De: Anónimo Fecha: 2003-06-27 22:57

No me gusta ese asunto del "Campamento Buen Rollo"... aire libre y pulseritas de cuero...
Y la sola existencia de una Dirección del Voluntariado, me sobrecoge...



5
De: Jueves Addams Fecha: 2003-06-27 22:58

Hola, olvidé firmar antes: un saludo



6
De: Vendell Fecha: 2003-06-28 04:25

Uf, Jueves, por un momento pensé que era Vd "el otro" Anónimo que había caído de la burra.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.145.118.24 (5dc49f1f81)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley