caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Lula
> Lula <

Era previsíbel que a organización dos Premios Príncipe de Asturias non ía deixar escapar a oportunidade de premiar este ano ao presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva. E posto que aínda non parece ter acreditado méritos como para obter o premio das Letras ou o dos Deportes, pois benvido sexa o que lle outorgaron hoxe, de Cooperación Internacional. É a clase de galardón perfeito, do que ninguén ousará discrepar, e ao paso permitirá que o único gran líder político que na actualidade ten o pensamento de esquerdas se pase por España aí polo outono, coa esperanza de que froito das reunións institucionais que imaxino terán lugar ao noso presidente Míster Ánsar se lle pegue desta vez algo de acento de São Paulo.

Escribo desde unha Europa na que a democracia parece terse convertido en algo alleo a un crecente número de cidadáns, que se van conformando como moito co ritual periódico de pasar polas urnas e esquecen o verdadeiro e poderoso significado da palabra, governo do povo. Desde unha vella Europa na que o sistema non pasa hoxe de ser un xeito refinado e elegante para perpetuar no poder aos que xa o teñen e ao tempo manternos a todos na absurda ficción de que as decisións están nas nosas mans. Non podo, entón, deixar de sentir unha profunda simpatía polo labor que poidan desenvolver Lula e a xente do Partido dos Trabalhadores. Temos o precedente razoabelmente esperanzador de Porto Alegre co modelo de orzamento participativo, un paso interesante cara a recuperación do poder por parte dos cidadáns. Non podemos consentir que as materias decisivas das nosas vidas fiquen en mans de simples políticos. Temos algo que dicer en todo o que nos afecta, e a nosa voz non pode deixarse oír só unha vez cada catro anos. Non podemos conformarnos crendo que non hai sistema de organización alternativo a este no que agora vivimos, nin debemos asumir como algo inevitábel a serie sen fin de inxustizas que no mundo se producen a cotío. Por iso, cando Lula tomou posesión o primeiro día deste ano e dixo no seu discurso "se ao final de meu mandato todos os brasileiros tiverem a possibilidade de tomar café da manhã, almoçar e jantar terei cumprido a missão de minha vida", eu pensei que estaba contemplando un fito histórico. Por primeira vez vía a un presidente falando nunha toma de posesión non de vaguidades para o futuro destinadas a comerlle a orella aos mercados internacionais, senón de cousas concretas, tan concretas e terríbeis como a fame. Esa mensaxe repetiuna no Fórum Social Mundial e o que é máis relevante, tamén no Foro de Davos. Non sei que acabará resultando ao final do Projeto Fome Zero, pero sobre o papel parece un dos esforzos mais ilusionantes e emotivos emprendidos nos últimos anos.

É ben perceptíbel que este blog está guiado por un certo espírito galego-brasileiro. Sigo con atención moitas das cousas que pasan por alí, en gran parte por razóns de irmandade lingüística, como é lóxico. Consulto a diario prensa e blogs daquel país. Sei que hai xa entre moitos brasileiros impaciencia e mesmo decepción ao comprobar que as reformas non son tan rápidas como puideramos desexar, e que se están tomando algunhas medidas que se dixo nunca se tomarían. Pero iso, visto desde esta Europa tan arrogante, non é nada que me colla por sorpresa. Quero, pois, quedarme coa parte positiva, quizá por medo a que outro proxecto esperanzador se veña abaixo para ser suplido pola mesma rutina repugnante e corrupta de sempre. A esquerda tivo tradicionalmente unha forte vocación fatricida coa que dificilmente pode superar a impenetrábel e sólida rede que a dereita leva tecendo desde que está instalada no poder, hai xa varias glaciacións. É dificil pedirlle paciencia a xente que xa ten traballo dabondo con ir vivindo día a día, pero quizá sexa necesario. Quizá debamos asumir un certo pragmatismo e aceptar determinadas situacións como un mal menor. Ao mesmo tempo, tamén me parece fundamental que exista unha crítica responsábel para evitar que o poder se acomode e fosilice. Unha conciencia en permanente acción encargada de lembrarnos que sempre fican cousas por facer.

Outro mundo é posíbel, ten que ser posíbel. Temos que construír modelos alternativos na procura de que todos os habitantes deste planeta poidan vivir en paz, con dignidade, coas súas necesidades básicas cubertas.

Temos que conquistar a felicidade.

2003-06-19, 08:46 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/9075

Comentarios

1
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-06-19 11:00

Oxalá estejas certo, companheiro! Acho, porém, que o começo foi mais do que decepcionante e que o final está caminhando para o trágicômico. :/



2
De: Jorge Fecha: 2003-06-19 14:48

A idea de que a Aznar se lle pegue o acento de Sao Paulo paréceme ben ainda que sospeito que só lle serviría para facerse entender mellor na súa próxima visita ás Azores. Non estaría mal que L.U.L.A. viñese antes do outono e se reunise con tódolos implicados na crise da asamble de Madrid, ou senón que directamente os obrigasen a entregarlle o premio.



3
De: Anónimo Fecha: 2003-06-19 19:40

Canto mellores son as alternativas, máis medo da que fracasen e coma as inversións máis beneficiosas tamén teñen maior risco. Así a todo quédome coa última frase do post, e deixo o camentario cunha pregunta no aire: ¿que vos parece se organizamos un partido político?



4
De: Angela Fecha: 2003-06-19 19:41

A do comentario 3 fun eu, ¡olvidei poñer o nome!



5
De: Jueves Addams Fecha: 2003-06-19 19:56

Una sola idea es un gran motor, una palanca con que mover el mundo...



6
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-06-20 03:10

Outro mundo é posível, ten que ser posível. Temos que construír modelos alternativos, na procura de que todos os habitantes deste planeta poidan vivir en paz, con dignidade, coas súas necesidades básicas cubertas.

Temos que conquistar a felicidade.


Quedome con isto.



7
De: Vendell Fecha: 2003-06-20 04:46

Felicidade. A felicidade non depende das decisións colectivas. O benestar cecáis si, pero a felicidade...



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-06-20 07:36

Si, Vendell, pero é posível alcanzar a felicidade cando un non ten garantizada a comida do día seguinte?



9
De: Martin Pawley Fecha: 2003-06-20 09:02

Amigo Pedro, con todas as súas imperfeccións, cámbiolhe o governo brasileiro enteirinho polo da España, coa Xunta de Galiza ao completo de regalo especial. Entre Gilberto Gil e Pilar del Caudillo, fico con Gilberto Gil!



10
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-06-21 06:39

CLOVIS ROSSI (Folha de São Paulo, 20/6/2003):

Medo, esperança, impaciência


ASSUNÇÃO - Se há, no Brasil, cada vez mais queixas de que o medo está vencendo a esperança, na Espanha dá-se fenômeno exatamente inverso.
O fato de o prêmio Príncipe de Astúrias de Cooperação Internacional ter sido concedido ao presidente brasileiro é uma aposta em que o slogan da campanha acabará sendo realidade algum dia.
Como escreve Marta Frechilla, do jornal conservador "ABC", "as distinções, normalmente, premiam uma trajetória. No entanto, o jurado do prêmio Príncipe de Astúrias de Cooperação Internacional 2003 fez ontem (anteontem) uma aposta pelo futuro. Como expressou seu presidente, Leopoldo Calvo Sotelo, decidiu premiar a esperança que representa o projeto político e social de Luiz Inácio Lula da Silva".
De carona no prestígio da família real espanhola e de tudo o que se diga respeito a ela (o príncipe de Astúrias, Felipe, é filho do rei Juan Carlos, aliás extraordinária figura histórica), a mídia espanhola endeusou Lula de uma forma que nem a mais governista das publicações brasileiras teria coragem de fazer.
É uma "referência moral", para o jornal "El Mundo". "É o redentor dos pobres, o príncipe dos pobres, príncipe do Brasil", para "La Razón".
Trata-se de uma clara indicação de que, fora do Brasil, a aposta em Lula continua forte. O que é fácil de explicar: é sedutor sonhar com um governante capaz de combinar a ortodoxia econômico-financeira com o ataque eficaz ao drama social.
Já no Brasil, um (justificado) sinal de crescente impaciência vem de um leitor de São José dos Campos, cujo nome preservo por não ter obtido autorização para divulgá-lo até a hora de escrever.
O leitor lembra a frase de Lula segundo a qual teve de esperar nove meses para que nascesse seu filho e mais quase um ano para que ele falasse "papai". Engata:
"O Brasil já nasceu há 503 anos (ou há 181 anos, se considerarmos a Independência). Quanto tempo ainda vamos esperar para ele falar papai?".



11
De: Martin Pawley Fecha: 2003-06-21 10:05

Un interesante ponto de vista, desde logo. É certo que a prensa da España amosa unha insólita unanimidade cara a Lula, mesmo en medios moi de dereitas como o "ABC" ou o delirante "La Razón".

Seguro que a você, Pedro, faralhe ilusión ler isto:

"Brazil is an incredibly important part of a peaceful and prosperous North and South America... On a personal prospective I am very impressed by the vision of the President of Brazil. He not only has a tremendous heart, but he has got the abilities to encourage prosperity and to end hunger..."

George Bush, Jr



Empezo a me preocupar seriamente!!!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley