CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > "My name is John Ford. I make westerns" (Dez grandes películas de John Ford)
> "My name is John Ford. I make westerns" (Dez grandes películas de John Ford) <

"Estabamos facendo unha película, e o xefe do estudio enviou ao seu axudante a dicir a Ford que levaba un día de retraso. "Ah", dixo Ford moi amábel. "E cantas páxinas se supón que podemos rodar ao día?" "Arredor de oito, supoño", dixo o tipo. "Quere darme o guión?", preguntou Ford, e o axudante deullo. Contou oito páxinas que aínda non se rodaran, arrancounas e devolveulle o guión. "Agora pódelle dicir ao seu xefe que xa estamos ao día". E xa non rodou as oito páxinas."

Contoullo así o cámara Joseph La Shelle a Peter Bogdanovich, que reflicte a anécdota no seu libro sobre o gran director americano. Hai moitas, moitas anécdotas sobre John Ford, e posibelmente moi poucas sexan reais, aínda que encaixan tan ben co seu personaxe que mereceran selo. O primeiro día de rodaxe de The informer reuniu a todos os actores e técnicos en medio do estudio e levou até alí ao productor. "Mirade ben a este tío", dixo, "Este é Cliff Reid. É o productor. Mirádeo agora porque non o ides volver ver no estudio até que o filme estea terminado". Así sucedeu, por suposto.

"Colle todo o que oíras dicir, todo o que oíras dicir na túa vida... multiplícao por cen, e seguirás sen ter unha idea de John Ford". Son palabras de James Stewart sobre o máis grande director de cine de todos os tempos. En plena era McCarthy o presidente da Liga de Directores, Joseph Leo Mankiewicz, estaba sendo cuestinado por parte dun sector dese colectivo á cabeza do cal estaba Cecil B. de Mille. Pretendían que todos os membros da Liga asinasen un patriótico xuramento de lealdade. Convocouse unha reunión, xa mítica, na cal se produciron diferentes discursos ao longo de varias horas. Todo o mundo se preguntaba que pensaría Ford do tema, pois a súa era unha voz sólida e influínte. Cando De Mille acabou de falar, Ford ergueu a man e dixo o que segue: "Chámome John Ford. Fago películas do Oeste. Non creo que haxa ninguén na sala que saiba mellor o que quere o público estadounidense que Cecil B. De Mille, e desde logo, sabe darlle o que quere. Pero non me gustas, C. B., e non me gusta o que estiveches dicendo aquí hoxe. Propoño que lle deamos a Joe (Mankiewicz) un voto de confianza e que nos vaiamos a casa a durmir un pouco". Iso foi exactamente o que pasou.

"My name is John Ford. I make westerns". Fixo os mellores que se rodaron nunca. E fixo moitas outras cousas, ao longo dunha filmografía extensa e cargada de obras mestras. Hoxe repasamos aquí unha lista das súas ¿dez? películas que máis me gustan. Entre paréntese vai o título de estrea en España.

The iron horse (El caballo de hierro), 1924. Con George O'Brien e Madge Bellamy
Kentucky Pride (Sangre de pista), 1925. Con Henry B. Walthall e J. Farrell MacDonald
Four sons (Cuatro hijos), 1928. Con Margaret Mann, James Hall, Charles Morton, George Meeker e Francis X. Bushman.
Riley the Cop (Policía sin esposas), 1928. Con J. Farrell MacDonald, Louise Fazenda, Nancy Drexel e David Rollins.
Arrowsmith (El doctor Arrowsmith), 1931. Con Ronald Colman, Helen Hayes e Mirna Loy.
The lost patrol (La patrulla perdida), 1934. Con Victor MacLaglen, Boris Karloff, Wallace Ford e Reginald Denny.
The world moves on (Paz en la tierra), 1934. Con Madeleine Carroll e Franchot Tone.
Judge Priest (El juez Priest), 1934. Con Will Rogers, Henry B. Walthall, Hattie MacDaniel e Steppin Fetchit.
The informer (El delator), 1935. Con Victor MacLaglen, Heather Angel, Preston Foster, Margot Grahame, Wallace Ford e Una O'Connor
Mary of Scotland (María Estuardo), 1936. Con Katharine Hepburn, Fredric March, Florence Eldridge e John Carradine.
Four men and a prayer, 1938. Con Loretta Young, Richard Green, George Sanders, David Niven, William Henry e C. Aubrey Smith.
Stagecoach (La diligencia), 1939. Con John Wayne, John Carradine, Thomas Mitchell e Claire Trevor.
The grapes of wrath (Las uvas de la ira), 1940. Con Henry Fonda, Jane Darwell, John Carradine e Russell Simpson.
How green was my valley (Qué verde era mi valle), 1941. Con Walter Pigdeon, Maureen O'Hara, Donald Crisp, Sara Allgood e Roddy McDowall.
They were expendable (No eran imprescindibles), 1945. Con John Wayne, Robert Montgomery, Donna Reed e Ward Bond.
My darling Clementine (Pasión de los fuertes), 1946. Con Henry Fonda, Victor Mature, Linda Darnell, Walter Brennan e Tim Holt.
The fugitive (El fugitivo), 1947. Henry Fonda, Dolores del Río, Pedro Armendáriz e Ward Bond.
The quiet man (El hombre tranquilo), 1952. Con John Wayne, Maureen O'Hara, Victor MacLaglen, Barry Fitzgerald, Ward Bond, e Mildred Natwick.
The searchers (Centauros del desierto), 1956. Con John Wayne, Jeffrey Hunter, Vera Miles e Ward Bond.
The last hurrah (El último hurra), 1958. Con Spencer Tracy, Jeffrey Hunter, Basil Rathbone e Donald Crisp.
Sergeant Rutledge (El sargento negro), 1960. Con Woody Strode, Jeffrey Hunter e Constance Towers.
The man who shot Liberty Valance (El hombre que mató a Liberty Valance), 1961. Con John Wayne, James Stewart, Vera Miles e Lee Marvin.
Cheyenne Autumn (El gran combate), 1964. Con Richard Widmark, Caroll Baker, James Stewart, Edward G. Robinson, Karl Malden, John Carradine, Gilbert Roland, Sal Mineo e Dolores del Rio.

2003-06-16, 08:40 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/8979

Comentarios

1
De: Jueves Addams Fecha: 2003-06-16 17:50

Viva John Ford!!
y me encantan estas listas que nos regala...
Saludos.



2
De: Vendell Fecha: 2003-06-17 08:26

Creo que The Searchers é a miña preferida. Vina por primeira vez con sete anos e xa non a puiden esquecer nunca.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-06-17 08:39

The Searchers é a melhor, sen dúvida, e posívelmente sexa tamén a minha preferida. Iso si, ás veces o meu espírito ladrador lévame cara The Grapes of Wrath, que ten uns parlamentos de John Carradine que para si os quixera Llamazares.

O CGAI da Corunha está a regalarnos un magnífico ciclo adicado ao director. Aí tiven ocasión de ver algunhas xoias pouco vistas, como a formídavel They were expendable; rarezas como o seu documental sobre Hixiene sexual (cousas de tempos de guerra); ou a súa até aquel momento para min case desconhecida etapa muda, que contén cousas tan divertidas como Riley the Cop e obras de demoledora beleza como Four sons, que tanto lhe debe ao estilo de Murnau.

Este mércores 18 toca a grandiosa Sergeant Rutledge, e alí estarei, de non ser por causa de forza maior.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.61 (075cbc2d8b)
Comentario

tradución automática: es pt






doa os teus órganos!



axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos

cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley