caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Atticus
> Atticus <



Vímolo en Spellbound, de Alfred Hitchcock, e en The Yearling, aquela cursilería en rancios coloríns do neno e o cervo que creara Clarence Brown. En Duel in the Sun, obra mestra do xenial King Vidor, ofereceu unha das interpretacións máis pavorosas da historia do cine, só superada pola da súa propria companheira de reparto, unha temível Jeniffer Jones que baixo ningún ponto de vista podía resultar louzana e sensual. Foi o Capitán Horatio Hornblower nunha maravilhosa peza de épica marinha conducida polas sabias mans de Raoul Walsh, o mesmo que logo puxo O mundo nas súas mans. Fíxonos adorar Roma e a unha princesa abenzoada polo rostro celestial de Audrey Hepburn na impagável Roman Holiday de William Wyler. Enfrontouse á esquisita Lauren Bacall en Designing Woman, memóravel comedia dirixida polo mestre da elegancia e a cor, Vincente Minnelli. Contodo, para min e para infinidade de cinéfilos sempre será Atticus Finch.

Entre as cinco ou seis películas que eu máis amo está, sen dúvida, To kill a mockingbird. Foi realizada en 1962 por Robert Mulligan a partir da excelente novela de Harper Lee que Horton Foote converteu en portentoso guión. Ten todo o que caracteriza ao cine con maiúsculas: unha magnífica historia, unha excepcional fotografía de Russell Harlan e unha banda sonora demoledoramente evocadora, sen discusión un dos melhores trabalhos de Elmer Bernstein. Ningunha pega pode facerselhe ao reparto, do que sobresae un imponente Gregory Peck de presenza solemne, sobria, que fai innecesario todo xesto. Na pel de Atticus Finch dános unha lección da arte invisível de interpretar, un oficio no que menos equivale sempre a máis. Gregory Peck non precisaba de artificios aparatosos para encher a pantalha. Conmove e convence mesmo cando o vemos de costas, de pé, pensativo; ou sentado no exterior da casa, deixándose mecer pola noite. Atticus Finch educa aos seus filhos na tolerancia e na responsabilidade, déixalhes ver a realidade da vida, permitindo que se enfronten á evidencia de que o mundo é algo manifestamente melhorável no que se producen situacións inxustas que non podemos evitar, pero que si temos a obriga de non esquecer. Outro axitador do resentimento, como poden comprobar.

Morreu Gregory Peck, pero sempre teremos a Atticus.

2003-06-13, 08:37 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/8903

Comentarios

1
De: EMF Fecha: 2003-06-13 17:03

Enorme a actuación do señor Peck nesa peli.



2
De: eva-lamaga Fecha: 2003-06-13 19:59

Y no sólo en esa peli, sino en la vida real, Gregory Peck, fue uno de los más fervientes activistas en contra de la caza de brujas de McArty entre otras cosas.



3
De: eva-lamaga Fecha: 2003-06-13 20:02

glups.
Sintoo, Martin Pawley, non me din conta e escribín o meu comentario en castelán. Os 42º a sombra de Madrid derritíronme unha das miñas duas neuronas.



4
De: Vendell Fecha: 2003-06-14 01:58

Ahab. Onte vin Moby Dick e volveume a chamar a atención que os personaxes pasan os dez primeiros minutos falando do temible capitán, da ira insostenible da súa mirada... e logo tal que sae o bo de Gregory. ¿Un loco?



5
De: Jueves Addams Fecha: 2003-06-15 02:39

ah, qué bonita es "El mundo en sus manos", con el señor Peck haciendo de "El hombre de Boston"... y también "Horizontes de grandeza"... parece que a este actor le iba bien hacer de hombre de mar incluso en un western. Lo echaremos de menos.



6
De: jorge Fecha: 2003-06-19 03:51

Este é o tipo de xente que fai pensar que nese país ten que haber algo máis ca xente que pensa como Bush & Co. Gregory forever, Atticus forever, R`n`R forever.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.227.126.69 (ca58b4fcd4)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley