caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Repartos eleitorais
> Repartos eleitorais <

Para entender como funciona a fórmula eleitoral que se emprega en España, ese método D'Hondt que algúns dan en chamar "Lei", o único que precisamos é saber dividir. Trátase unicamente de repartir o total de votos que recibiu cada partido entre todos os escanos postos en xogo nese distrito: se, por exemplo, nunha certa circunscrición escólhense doce deputados, temos que dividir eses votos por un, dous, tres, ... até doce, obténdose doce fraccións diferentes para cada partido. Feito isto, limitarémonos a seleccionar as doce cantidades maiores das que nos resultaron, e aos partidos que lhes correspondan asignarémoslhes os correspondentes deputados.

O melhor xeito de comprendelo é cun exemplo, así que, venha, imos por el. Colhamos o caso das eleicións municipais de antonte na Corunha. Centrarémonos nos tres partidos que acadaron representación, o PSOE (57050 votos), o PP (30171) e o BNG (28381); o seguinte máis votado con 3152 votos foi IU, pero ao non chegar ao 5% mínimo que esixe a Lei Eleitoral para optar ao reparto de concelheiros quedará fóra das nosas contas. Na Corunha elíxense 27 concelheiros, co cal teoricamente deberiamos dividir as cifras de antes por 1, 2, 3, 4, até chegar ao 27; pero nós xogamos coa ventaxa de sabermos os resultados definitivos: xa vimos que o PSOE obtivo 14, o PP 7 e o BNG 6, co cal poderemos aforrarnos a maior parte das contas. En todo caso, velaí van os cocientes:

PSOE: 57050,00 (1), 28525,00 (2), 19016,67 (3), 14262,50 (4), 11410,00 (5), 9508,33 (6), 8150,00 (7), 7131,25 (8), 6338,89 (9), 5705,00 (10), 5186,36 (11), 4754,17 (12), 4388,46 (13), 4075,00 (14), 3565,63 (15)

PP: 30171,00 (1), 15085,50 (2), 10057,00 (3), 7542,75 (4), 6034,20 (5), 5028,50 (6), 4310,14 (7), 3771,38 (8)

BNG: 28381,00 (1), 14190,50 (2), 9460,33 (3), 7095,25 (4), 5676,20 (5), 4730,17 (6), 4054,43 (7)

Aparecen en negrita as cifras asociadas aos escanos do distrito que finalmente resultaron. É fácil botar contas e comprobar até que punto perigou a maioría absoluta de Sir Vázquez, Caudillo de La Curuña y a los demás sarna. Fíxense no sétimo cociente do BNG, 4054,43, e vexan o preto que anda da fracción do escano 14 do PSOE, 4075,00. De ter obtido o BNG só 145 máis votos nestas eleicións (28526 votos) teríalhe arrancado ese sétimo concelheiro ao PSOE.

A fórmula D'Hondt está desenhada para potenciar con certo descaro aos partidos maioritarios. Facilita a existencia de maiorías moi sólidas, cousa que con outras fórmulas é máis difícil. Hai unha variante da regla D'Hondt, a chamada "de fraccións impares", que aumenta a presenza dos partidos medianos. Nesta fórmula, moi empregada ao norte de Europa, o primeiro cociente faise dividindo por 1,4 (non por 1, coma na D'Hondt), e os seguintes dividindo só por números impares (3, 5, 7...) até completar o total de cocientes necesarios en función do total de escanos distribuidos. Se hai "m" escanos en xogo, cólhense todos os impares até chegar ao "2m-1" (na Corunha, parariamos no número 53). Con este sistema, Sir Vázquez teríase quedado en 13 concelheiros, e PP e BNG empatarían a 7.

2003-05-27, 21:06 | 24 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/8408

Comentarios

1
De: Anónimo Fecha: 2003-05-27 23:45

La verdad es que tiene que joder... :D Sufres, vida? :-)



2
De: Paco vazquez Fecha: 2003-05-28 03:23

Le voy a acristalar (que de eso entiendo un rato)a usted la cabeza como siga en esa linea

saludos



3
De: Borja Fecha: 2003-05-28 03:33

Non podo cos remordimentos do miña conciencia.. o de arriba fun eu, non o puiden resistir foi mais forte ca minnnn

Pregolle que me disculpe Sr Pawley e instolle para que siga na sua estupenda liña critica da vida e o universo en xeral e do humano en particular

Un afectuoso saudo Sr Pawley



4
De: deneno Fecha: 2003-05-28 03:33

gran post!!



5
De: Anónimo Fecha: 2003-05-28 05:36

Que si hombre, que si, bueno, pero... morder el polvo que tal sienta? :-) A tragar!



6
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-28 06:39

Senhor Anónimo, véxoo a vostede moi productivo, disposto a empregar con xenerosidade parte do seu preciado tempo en escribir comentarios neste meu blog. Agradézolhe mais unha vez a súa paciencia, a súa exquisita elegancia e a súa prosa brilhante e repousada. Non se esqueza de seguir visitándome, que aquí todos os días hai post novo.

Borja: si me invitas a una copa, creo en lo que tú me digas...

Deneno: gracias polos parabéns.



7
De: ivan Fecha: 2003-05-28 07:20

non comparto a opinion de que fora unha derrota, considero que foi unha pequena victoria nunha longa loita, o que me fai rir e a xente que non da a cara(ou neste caso o nome) para poder falar sobre o tema distendidamente(ainda que coa liberdade de expresion que temos e algo utopico),o unico que fan alguns e dedicarse a intentar insultar(so insulta o que pode non o que quere), ainda que todo isto anima a un a seguir para adiante, para pedir xustiza por crimes de guerra,para seguir axitando o resentimento,para ladrar coma cans e seguir coa trapallada de NUNCA MAIS!!,.
P.D:que eles se queden con Muxia que nos loitaremos polo resto de Galiza!!
NUNCA MAIS



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-28 07:23

Que non se queden con nada.



9
De: Akin Fecha: 2003-05-28 07:37

Vaia, o Anónimo aparece aquí (será o mesmo que me da a lata no blog do Prestige?). E que o do outro blog, ademais de un completo gilipollas é un mal gañador.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-28 08:00

Quen sabe. Pola calidade da súa prosa, sospeito que el non é o anónimo que escribiu o "Lázaro de Tormes".

Sempre me sorprendeu moito a presenza sistemática de freaks polo seu blog do Prestige. É curioso que xente coas ideas tan claras tivese ese empenho grande en ler e reler a diario (e varias veces por día, incluso) os seus posts. Algo de masoquismo, quizá, moi apropiado para estas terras, tendo en conta que Sacher-Masoch, de quen saeu ese bonito substantivo, nasceu na Galitza eslava, como lembraba un bo amigo nun texto que eu puxen aquí hai algún tempo



11
De: Anónimo Fecha: 2003-05-28 08:15

Uy pero que rollo, que ombliguismo... ¿vais a decir algo sobre el PUYAZO que os ha metido "la sociedad civil" en estas elecciones o seguimos con los ombligos y la épica de todo a 100? :-D

Que QUE TAL las elecciones machos! Que tal? :)



12
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-28 09:55

Senhor Anónimo: vexo que vostede ten moitas cousas que expresarlhe ao mundo mundial, co cal suxírolhe que se cree un blog nalgún sitio e que desbarre nel canto lhe pete. Como verá, a xente que povoa Blogalia é xente seria, con opinións libres e diversas, pero maioritariamente dotadas dun pensamento razoablemente estructurado e ordeado. Por estas razóns, é posible que o seu discurso gutural, inconexo e primario non se sinta a gusto por esta parte da rede. En todo caso, no sucesivo prégolhe que tenha polo menos a imaxinación suficiente para inventarse un nome orixinal e que aporte un enderezo de correo electrónico, como é usual nestes casos. De non ser así, é posible que no sucesivo me tome a molestia de borrar os seus comentarios.

Atentamente, un rencoroso.

P.D.: Por certo, as eleicións, bastante satisfactorias, dadas as circunstancias. Xa o deixei dito o domingo, aínda que é posible que vostede non o entendese.



13
De: Akin Fecha: 2003-05-28 15:17

As eleccións ben, entre PSOE e BNG sacaron uns cuantos puntos ó PP, o que nunhas eleccións á Xunta significaría un goberno que non sería do PP. Iso eu considero un pequeno fraccaso, e Fraga parece que tamén porque lle vota a culpa ó Prestige...



14
De: eledhwen Fecha: 2003-05-28 16:24

Borja, cando se fai unha broma, tes que saber seguila un rato, home!.
Deneno, breve e conciso, si Sr.
Sr Pawley, quero escreber coma vostede, ¿aprenderíame vostede?
Ivan, as xentes de Muxía teñen bos motivos para obraren coma fixeron. Alomenos, eso lles fixeron creer. Eu tamén tería medo de que un cambio de goberno me deixase sen subvención cando xa non teño conque gañarme o pan.
Akin, temos que falar, a ver se despois dos exames podemos ter un encontro, o smial vaino necesitando.



15
De: Otras matemáticas Fecha: 2003-05-28 18:56

Sólo son números.
En los datos publicados de resultados de las votaciones municipales del día 25 en A Coruña hay algo confuso: en la columna que ponen CENSO, deberían poner VOTOS CONTABILIZADOS
(125.873).
Si consideran el dato de 42,68 % de abstención, que figura en la misma tabla, deducirán que el censo sería de 219.597
ciudadanos de A Coruña con derecho a voto.
57.050 ciudadanos (el
25,98 % del censo) votaron al PSOE y le otorgaron la MAYORIA ABSOLUTA.
30.171 votos ( el 13,74% del censo) fueron al PP.
28.381 votos ( el 12,92 % del censo) al BNG.
3153 votos ( el 1,44% del censo) a IU-EU.
1142 (el 0,52%) a INDEPENDIENTES.
592 ( el 0,27% del censo) a OTROS.
4.497 (el 2,05% del censo) a NULOS.
887( el 0,40 % del censo) fueron en BLANCO.
Y eso es todo...O puede parecerlo...
¿Han pensado que 93.724 coruñeses con derecho a voto (el 42,68% del censo) decidieron NO VOTAR?.
Nada que objetar a la victoria democrática del PSOE en las urnas.
Sólo pretendo con estas reflexiones relativizar el valor de las MAYORIAS ABSOLUTAS y, sobre todo, descalificar a los que, amparándose en ellas, se sienten capaces de mandar a otros "a mamarla".
Perdón, sr.Pawley, por la actitud del anónimo prepotente. En nombre de una mayoría silenciosa que no quiere votar pero que no renuncia a su ciudadanía.



16
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-28 19:57

Na cidade da Corunha a abstención superou a media galega en sete ou oito puntos, creo lembrar, cousa ben significativa que debería motivar unha reflexión de TODOS os partidos. De calquera xeito, eu non podo relativizar en ningún caso as "maiorías absolutas". Comparto con vostede as minhas serias dúbidas arredor dun sistema eleitoral no cal catro de cada dez cidadáns optan por non exercer o seu dereito ao voto, pero iso non evita que as maiorías absolutas en España soian funcionar coma dictaduras de catro anos, ao longo dos cales ninguén se preocupa por negociar absolutamente nada. O proprio Sir Vázquez anunciou en campanha que se non acadaba maioría retirábase, nun curioso exercizo de sentido democrático. Sir Vázuqez volve ter outros catro anos para facer o que lhe pete, e faríao igual de non ter a maioría, pois evidentemente o PP dista moito de poder ser considerado oposición, pero, polo menos formalmente, obrigaría a un cambio de actitude. Sir Vázquez dixo que tomaría nota do que pasou, ou algo así, pero xa verán como iso non vai significar que mude de comportamento nos aspectos que o levaron a perder dez mil votos (a súa actitude nestes últimos meses, mezquina e covarde), nin moitísimo menos. O que vai facer nos próximos anos é volver a patearse as rúas, exercendo de novo as 24 horas do día o papel de alcalde populista do que tanto gosta: bailará molineras coas mulheres das prazas e mitineará subido a caixas de cervexa Estrella Galicia. O de sempre.



17
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-28 20:00

Eledhwen: gracias, moitas gracias.

Por certo, que é ese smial que vai necesitando dun encontro con Akin?



18
De: eledhwen Fecha: 2003-05-28 20:45

Sr. Pawley, un día destes quedamos pra unha cervexa, con algún máis, e cóntolle mais extensamente.
Polo de agora, trátase da designación "interna" da delegación local dunha sociedade literaria e cultural.



19
De: Akin Fecha: 2003-05-28 21:00

Martin: Un smial é un burato dun hobbit, eses seres entrañables creados por Tolkien.

Por extensión, é tamén unha agrupación local da Sociedade Tolkien Española, en concreto o Smial de Hithlum corresponde a Galiza, e ó que Eledhwen e mais eu pertencemos. Ise é o Smial que vai necesitando unha reunión.



20
De: Susana Fecha: 2003-05-28 21:01

Non teño tempo de ler certos comentarios "anónimos" nin ganas, pero conta sempre comigo. Es impresionante, maese Pawley.
Unha aperta.



21
De: Vendell Fecha: 2003-05-29 01:28

Gracias polas súas reflexións. Teño un amigo a quen lle preocupa moito a teima das matemáticas para a democracia que estará encantado de leelas.



22
De: Más matemáticas Fecha: 2003-05-29 20:25

Perdone la insistencia Sr.Pawley. Confieso que tengo afición (¿morbosa?) a relativizar todo que se me pone por delante. Y,sobre todo, me gusta hacerlo con todos los valores que van adornados con el calificativo de absolutos.
Créame que lo hago por pura higiene mental. Sin más ánimo que el puramente diletante . Y sin más pretensión que la de intentar vislumbrar otra mirada de las cosas que pueden parecer evidentes.
En ningún caso quisiera dar la impresión de intentar cuestionar las reglas de juego ni la validez de los resultados.
Se me ocurrió, a la luz de lo aprendido en su excelente post sobre la aplicaciòn de la regla D¨Hondt., hacer el reparto de escaños en A Coruña considerando el grupo de abstencionistas un imaginario colectivo que optase a participar en el juego electoral...Ya sé que puede sonar a iluso o demagógico. Pero, en cualquier caso, ahí están los números:
CENSO............. 219.597
ABSTENCION.. 93.724
PSOE................ 57.050
PP...................... 30.171
BNG................... 28.381
OTROS.....sin representac
Aplicado el reparto resultaría así, para cubrir las 27 concejalías:
Abstención......13
PSOE............... 7
PP..................... 4
BNG.................. 3

¿No cree que esta ficción pueda cambiar un poco la visión de la realidad?
Estoy de acuerdo que no vale de mucho para cambiar la forma de gobernar y decidir de las mayorías. Pero, sabiendo estos datos, ¿no podría ser que aflojaran la presión a la hora de aplicar el rodillo?...Soñemos que algo queda.
Y gracias, Sr. Pawley, por sus posts y por su paciencia con este maniático de lo números.



23
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-30 06:56

Eu tenho sentimentos encontrados a respeito da abstención. É posivel que detrás de moitos abstencionistas haxa unha verdadeira convicción democrática e que a súa renuncia ao voto sexa sólida e moi razoada; pero do mesmo xeito hainos que non votan porque se esqueceron ou non lhes deu tempo de volver da praia... Supostamente para desfacer esas dúbidas está o voto en branco, que amosa unha clara vocación participativa á marxe do limitado sistema partidario. Porén, os votos en branco non inflúen no reparto final de escanos, pois para iso só se computan os votos efectivos que foron parar aos partidos. Eu, desde logo, son partidario de contabilizar aos que votan en branco, e incluilos no reparto de escanos, facendo que algúns deles ficasen baleiros. Non é unha broma. Posivelmente, un feixe de abstencionistas tomarían parte activa no proceso eleitoral de saber que o seu voto influiría decisivamente no governo resultante. A posibilidade de que ficasen escanos baleiros modificaría de xeito moi notável as eleicións: abriría a posibilidade de empates (tan suxerente) e desfaría todo tipo de contas previas. Daríalhe moita vida a esta rutina catrienal.



24
De: DE PAZ Fecha: 2003-07-25 20:41

Me descubro ahora y siento que sigo siendo la misma niña que fuí que soy y seré. Sólo he tenido que dar un paso atrás para ampliar el orizonte y ver todo aquello que me rodea con mayor perspectiva



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.136.26 (0935b18b09)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley