Hoxe, 19 de maio, cúmprense seis meses do afundimento do "Prestige".
Este blog non esquece aos responsables da traxedia, nin ignora o verdadeiro estado da costa galega, e é consciente de que desde o governo aínda non se tomou ningunha medida que poida evitar que algo así volva producirse no futuro.
Ola! Sou do Lugar Incomum. O Desastre com o navio é um fato de proecuação mundial, mas infelizmente ainda nao comentei nada acerca do problema. Prepararei algo ainda nesta tarde e colocarei no ar.
Olá, Tarciso. Obrigado polo interese. Aínda estás a tempo de comentar no Lugar Incomum, pois o Prestige segue vazando fuel a razón de dúas toneladas diarias...
Na entrada de onte escribín sobre o que leva pasado nestes seis meses e puxen algúns enlaces sobre o tema.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.