É o máis grande. Falo de Charles Mingus, claro. Déixome levar por Half mast inhibition e os seus oito máxicos minutos que conteñen todas as claves para entender que é o tempo e que é o espacio. A peza pode comigo, ponme aos seus pés, abraiado, namorado do seu desconcertante fluír. Nese mesmo CD aparece nun par de cortes a voz de Lorraine Cousins, cativadora. Lorraine parece nome de amante golfa que eu imaxino de falsísimos cabelos louros e co escote apoiado contra un piano triste. Eu quixera ter preto a algunha rapaza-Lorraine, recén saída dun libro de Hammett, un deses anxos da escuridade marcados pola amargura, como as putas das coplas, esculpido coa fermosura da noite. Agardarei por ela oíndo cantar Eclipse a miss Cousins, guiada polo baixo de Mingus, menos ca un can.
¶
Eu de maior quero ser Lorraine, cautivadora e decadente,
whisky-bebedora, puta e envolta en fume.
quero namoralos sen falar, e morir xove.
quero enloquecer aos que me miren , e con desprecio deixalos quedar, quero cobrar polo meu amor, e nunca nunca namorarme.
quero ser Lorraine.
pois é complicado , pero coma ninguen sabe cando se deixa de ser xove, ou cando se é maior ; permítome o luxo de caeres nesa frase certamente contradictoria, pero moi estelar.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)