Apenas contaba con cincuenta anos cando Enrico Fermi enfermou dun cancro, coma tantos outros científicos vencellados ao Proxecto Manhattan. Contan que nos meses que pasou no hospital amosou unha notábel serenidade, asumindo con inteireza a proximidade da súa morte. Fermi era un home de bo talante, que se levou sempre ben cos seus colaboradores tanto na Italia coma nos Estados Unidos.
Certo día Subrahmanyan Chandrasekhar foi visitalo ao hospital. Chandrasekhar era reservado e moi humilde, e pasou algúns instantes en silenzo, sen saber de que falar. Despois de todo, quen de nós sabe como actuar ante a enfermidade? Sabendo que o seu colega indio estaba visibelmente incómodo, Enrico Fermi pensou que podía dicir para tranquilizalo. Ao fin, cun sorriso nos beizos, ollou para el e díxolle:
-Cres que cando morra poderei reencarnarme nun elefante?
¶
Era uno de los grandes. La construcción del primer reactor nuclear bajo las gradas de un polideportivo en Chicago es una de las imágenes más poderosas de la ciencia del XX. Imaginen todos esos neutrones por ahí al mismo tiempo que las cheerleaders.
Arredor do "Proxecto Manhattan" hai un feixe de historias extraordinarias que alguén debería converter nunha grande película. Algunhas das melhores anécdotas xiran en torno a Richard P. Feynmann, como non. En ¿Está usted de broma, sr. Feynmann? cóntanse algunhas, pero eu, que no fondo son un sentimental, tenho por favorito o relato do seu primeiro matrimonio en ¿Qué te importa lo que piensen los demás?. Amor e investigación nuclear en tempos de guerra. Mágoa que David Lean xa estea morto.
Por se a alguén lhe interesa, a historia de Enrico Fermi e o elefante sae nun estupendo libro chamado "E=mc2" (o "2" debería ir como superíndice), escrito por David Bodanis. Divulgación científica que se le como unha apaixoante novela.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.