caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Na outra beira das augas grandes
> Na outra beira das augas grandes <

A estas horas, mentres escribo estas liñas, o meu amigo Omar voa cara a outra beira das augas grandes, camiño do sovaco de cristo. A única cousa da que un ser humano pode sentirse verdadeiramente orgulloso é da xente que o rodea. O resto son vaidades, satisfaccións efémeras para egos descontrolados. Cando eliminamos todo o superfluo fica tan só a aritmética dos afectos, o sutil xogo de afinidades elixidas entre canto se nos aparece diante. Porque todo o que importa é sempre unha cuestión de sentimentos, e os sentimentos carecen de apelidos.

Eu síntome privilexiado por disfrutar da amizade do Omar. Por gozar ao vivo nestas últimas semanas da súa crónica apaixonada e intensa do país no que reside. Por escoitar a súa palabra, sempre lúcida, sempre intelixente, pero por riba de todo sempre xenerosa e chea de bo humor. Por compartir con el horas de viño e conversa.

Do seu enxeño e da súa excelente prosa todos vostedes terán no sucesivo boas probas lendo o seu blog. Todo o seu talento, porén, non me interesaría o máis mínimo de non ser porque Omar é, fundamentalmente, unha boa persoa, e iso segue sendo o mellor que se pode dicir de calquera de nós, os viaxeiros do punto azul e pálido.

2003-05-03, 08:35 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/7652

Comentarios

1
De: eledhwen Fecha: 2003-05-05 18:50

¿E non lle parece, Sr Pawley, que as persoas que ao cabo fican ao noso redor son as que nos merecemos?
Coido que a eso se refire o refrán popular "Dime con quen andas..."
Por outra banda, para mín acada importancia semellante a forma en que un se refire os seus coñecidos.
Xeitosa "ma non tropo".



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-05 21:34

Pois entón, debo ser eu tamén unha boa persoa, pois o son as que canda min andan.



3
De: eledhwen Fecha: 2003-05-06 00:33

Iso ía eu dicindo, segundo a segunda forma de xulgar a que me refería, polo demais, non podo opinar.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.162.200 (d29e56c94e)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley