caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Los científicos, la ciencia y la humanidad
> Los científicos, la ciencia y la humanidad <

Contemplen esta foto. Aí aparecen algúns dos gañadores do Premio Nobel en 1962. De esquerda a dereita, Maurice Wilkins, John Steinbeck, John Kendrew, Max Perutz, Francis Crick e James Watson. Non foi un ano malo, desde logo.

A culpa tena Akin. Hoxe voulles recomendar unha obra de Max Perutz, Los científicos, la ciencia y la humanidad, editado por Granica. É un excelente libro que recolle diversos artigos e textos que repasan o traballo de varios grandes científicos, incluído el mesmo. Hai na súa propia vida historias tan fascinantes coma a fuxida do nazismo e a súa reclusión na Gran Bretaña pola súa condición de estranxeiro, ou a súa participación nun insólito proxecto que contemplaba empregar grandes placas de xeo como plataformas de apoio nun ataque á Alemaña nazi no Atlántico Norte.

O libro remata cun apartado que recolle citas das que o autor gosta en especial. Vou poñer aquí tres delas, levado polo meu rencor habitual. E compren o libro, que é dos que pagan a pena:

"A historia de revolución industrial non apoia a idea de que un presente sombrío sexa un prólogo necesario, nin sequera plausíbel, para un futuro glorioso".
Nathan Rosenberg, How the west grew rich

"Aqueles que máis piden a economía pública son aqueles polos que os servizos públicos menos fan. É evidente que a reducción de impostos que afecta aos servizos públicos ten o dobre efecto de reconfortar aos que están cómodos e amolar aos pobres. A filosofía dos conservadores modernos non axudará a rematar coa pobreza. O conservador moderno, de feito, non é especialmente moderno. Polo contrario, está embarcado nunha das empresas humanas máis vellas, mellor financiadas e máis aplaudidas, nun dos exercizos máis fútiles da filosofía moral. Esta é a búsqueda dunha xustificación moral realmente superior para o egoísmo".
Kenneth Galbraith

"Daquela quedou claro, e creo que o segue sendo hoxe en día, que a forza militar, especialmente cando se exerce por unha potencia externa, non pode levar a orde a un país incapaz de se governar a si mesmo."
Robert McNamara, sobre a guerra do Vietnam (1995)

2003-04-29, 22:53 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/7569

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.227.126.69 (ca58b4fcd4)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley