caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O anxo exterminador
> O anxo exterminador <

Chove na Coruña, de xeito incesante, bíblico, con auga que vén de todas as direccións. O bo é que cando xa estás feito unha sopa a chuvia deixa de resultar molesta. Pódeste permitir o luxo de seguir camiñando, coma de paseo, visitando librerías. Poste a pensar en cousas que pasan por aquí e por alá. Na Argentina, por exemplo.

Andaba un tanto sorprendido polas altas posibilidades de victoria de Carlos Ménem. Sei que un povo desesperado é quen a tomar medidas desesperadas, pero así e todo non deixa de parecer curioso. Entón déixome invadir pola lucidez e reparo en que quen esto escribe vive na Galiza. Nunha Galiza governada desde hai séculos polo anxo exterminador nun exercicio sistemático de aniquilación da nosa identidade, de extinción programada dun xeito de vida. E aí segue, o anxo. Onde sempre.

Quen somos nós, polo tanto, para dar consellos. O problema, quizá, sexa outro. É posible que os arxentinos chegasen á conclusión de que é irrelevante quen sexa o seu presidente. Quizá entendan que os candidatos veñen sendo todos unha mesma cousa, é que entón tanto ten que o sexa un ou outro. Quizá a moitos galegos lles pase pola cabeza algo semellante.

Eu non comparto ese pensamento, desde logo. Creo que os resultados dunhas eleicións seguen sendo extremadamente importantes, e que se un quere que as cousas non sigan sendo coma até agora, a única alternativa é cambiar de dirixentes. Pero, sexan cales sexan os resultados das eleicións, aquí e alá, estou seguro de que xa nada volverá ser coma antes. Voten o que voten, moitos miles de cidadáns decidiron, por fin, erguer a vista. Deron un paso adiante, afastándose do conformismo. Xa non perdoarán o que até agora perdoaron. Nunca Máis.

2003-04-28, 22:06 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/7535

Comentarios

1
De: eledhwen Fecha: 2003-04-28 22:59

A mín nunca me sorprendeu o da Arxentina.
Sempre tiven moi presente que nun 40% mais ou menos e un pobo descendente dos hispanos da península, e de esa porcentaxe, una grande parte eran precisamente galegos.
E xa se sabe, todo se herda, menos ....



2
De: Algernon Fecha: 2003-04-28 23:07

¿Hasta qué punto es importante un presidente del gobierno? Es una pregunta interesante. ¿Se ha convertido el sistema presidencial en una monarquía electiva? ¿Quién gobierna realmente el país? ¿El presidente, o el 'establishment' de funcionarios? Creo que el sistema falla. Estamos en una época de tecnologías innovadoras - ya se está experimentando el voto por Internet... ¿porqué no poner en práctica de una vez por todas la democracia desde abajo? La democracia desde arriba, suena como una contradicción en términos...



3
De: Akin Fecha: 2003-04-29 00:13

Segundo a última enquisa de O Mundo o PP recuperou o perdido na guerra e volve a estar por encima do PSOE na intención do voto.

Este país (e refírome a España pois non mirei intención de voto en Galiza) non ten remedio. Se unha guerra ilegal, amoral e asasina non é razón para cambiar de dirixentes ¿Qué o é?

Seguiremos dentro de uns anos queixándonos do mal que vai todo e será, de novo, pola nosa culpa.



4
De: Vendell Fecha: 2003-04-29 01:18

Hai unha frase que segue resoando nos meus aturdidos oidos. Neste mundo segue a ser mais importante lanzar bombas e deixar afundir o Prestige que vivir en paz e respetar o noso entorno. Protexemos os pozos de petróleo e non o museo, porque todavía son máis, e más importantes os que disfrutan dos cartos e da violencia que os que disfrutan da praia e da cultura. Só así se explica que sigamos aturando con Fraga, con Castro, con Bush ou con Menem cando deberían estar todos nun manicomio.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-29 07:44

E o Prestige segue aí, soltando fuel a razón de dúas toneladas ao día. En menos dun mes haberá eleccións, que na Galiza só son locais, si, pero que ninguén esqueza que dos seus resultados vai depender decisivamente o que suceda no futuro máis inmediato. Se non hai un revolcón electoral significativo, se non caen bastantes alcaldías e quizá unha ou dúas deputacións, ¿que facemos? ¿Demitimos da nosa condición de cidadáns e nos largamos a ver postas de Sol a Ipanema?



6
De: Vendell Fecha: 2003-04-29 07:48

Quedamos no posto 9 entón.



7
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-29 08:15

Moi ben pensado, que por aí soe andar o filho de Aurelio Buarque de Holanda, o autor do grande dicionário brasileiro. Xa saben, un tal Chico.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-29 08:39

Para que vaian abrindo boca:



A bandeira vermelha, símbolo dos partidos de esquerdas, ben chantada no Posto 9 de Ipanema. Desde os dourados 70, este é o lugar favorito de escritores, directores, cantantes, poetas e outros intelectuais





Vendell, seguro que este enlace ha de interesarlhe.



9
De: EMF Fecha: 2003-04-29 20:14

Unha anécdota ó respecto de se son importantes as eleicións: O profesor de galego preguntounos se nos parecían importantes as eleicións que, daquela, había para presidente da Xunta. Algúns -incluome- dixemos que non, que todo seguiría igual. E dixo el: "Imaxinade que mañá gana Fraga e di que na TVG xa non se fala galego, senón castelán". E iso, por exemplo, sí que é importante. Hai xente que o único intre do dia no que oe falar en galego é ese. Hai nenos que se criaron co "Xabarín clube" e iso sí que é importante. Hai xente que viu a Bogart dicindo "Sempre nos quedará París" e iso sí que é importante.

Cada un ten a súa cuota de responsabilidade. Cada un debe participar e, se pode, activamente no uso e "abuso" da democracia. Que máis quixeran moitos políticos que un rebaño de ovellas que só se moven para votar -para eles- cada catro anos!.

Hai xente que prefire vivir nunha bonita mentira que na cruda, áspera e terca realidade -como en Matrix, cando o traidor pide non lembrar nada e ter tódolos luxos posibles-. E moito me temo que hai moito "habitante da ilusión" na Galiza.

Como dixo Michael Moore, e como ben pode afirmarse para o noso país, vivimos nun tempo de ficción (onde o pobo manifestase en contra de guerras e desastres ecolóxicos e, non só non é atendido, senón que é represaliado con ameazas verbais, agresións físicas, etc...), cun presidente de ficción (Manoliño e Ánsar na España) elexido nunhas eleicións de ficción (onda ata os mortos resucitan para votarlles).



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.190.185 (bff174eb9a)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley