caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Teoría del Universo multidimensional
> Teoría del Universo multidimensional <

Con algúns días de retraso súmome á suxerencia de don rvr de recomendar aquí un libro. Iso si, a diferencia doutros compañeiros da cousa blogalita, eu vou falarlles dunha birria. De feito, nin sequera o lín, nin teño pensado facelo nas próximas dez ou doce lexislaturas; pero hai xa uns anos que atopei o anuncio do mesmo nun deses bodrios tipo Año Cero e caín inmediatamente fulminado pola ensalada mixta de conceptos pseudocientíficos que mestura e revolve con absoluta ausencia de pudor e evidente desaliño.

Titúlase Teoría del Universo Multidimensional e foi escrito por Schabbath van Nes Ziegler. Disfruten, para empezar, coa frase promocional, difícilmente superábel: "El Universo es multidimensional, la raíz cuadrada de dos su llave, y el triángulo equilátero la puerta, como símbolo de la naturaleza y esencia del Ser Supremo".

O anuncio complétase co seguinte parágrafo, tan clarificador (Un consello meu e de Margo Channing: Fasten your seatbelts, it's going to be a bumpy night!): "El autor nos aporta una reveladora visión del cosmos y de la física cuántica, gravitación, fenómenos psíquicos y paranormales, creencias y religiones, con una lógica sólo asociable a la visión trascendente, convirtiéndose en la primera cosmogonía-cosmología que autocontiene al Ser Humano como núcleo central de la creación, perfección y esencia divina del universo."

¡Non se vaian todavía: aínda hai máis! "Aspectos tan importantes como reencarnación e infierno pueden dejar de ser patrimonio de las grandes religiones para convertirse en una realidad científica. El origen de las enfermedades y su terapia vibracional toma consistencia como alternativa médica a corto plazo, y la fenomenalogía paranormal entre en el campo de la verificación científica. La ufología se autoexplica por la propia estructura multidimensional del cosmos, y los viajes a otros planos existenciales logra su soporte teórico-matemático."

That's all, folks!

2003-04-26, 16:13 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/7501

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-26 16:24

Buscando por San Google dei con máis noticias do libro este. Non lhes vou ponher aquí os enlaces, básicamente porque non me dá a gana; pero si creo conveniente engadir estoutra frase, tan descriptiva: "El autor nos aporta una visión del cosmos y de la vida que aturde los cimientos sobre los que fundamentamos nuestra existencia, tanto en su profunda mística como por su pedagógica exposición científica".

Pois si, aturdir, si que aturde, si...



2
De: Akin Fecha: 2003-04-26 20:48

Mmmm, vou a ver si o atopo por algunha libraría, xa votaba eu de menos unha teoría da gran unificación, e ista é sen dúbida unha teoría da ultra-gran unificación.



3
De: Vendell Fecha: 2003-04-28 06:12

Martin, hay por ahí una lista de correo denominada Punto de Vista que haría sus delicias.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-28 22:15

¿Punto de Vista? Tomo nota...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley