caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Ilhas pouco ilhadas
> Ilhas pouco ilhadas <

Sei que estou acostumando mal aos meus lectores. Ponho por aquí cousas de Ángel González ou de González Iglesias, descúbrolhes ao gran Alfredo Ferreiro ou falo do colosal e futuro ex-fumador Xabier P. Docampo, e así vánseme afacendo á boa prosa e ao bo verso, e logo, claro, o difícil é manter a linha. Así que hoxe decidín baixar un feixe de chanzos na escaleira da racionalidade, para o cal nada melhor que optar polas palabras do noso incomparable presidente, Míster Ánsar, en espléndido monólogo sobre as ilhas pouco ilhadas. Lean e disfruten: xuro que está posto tal cal el o dixo:

"Yo creo que la relación atlántica es una tarea de todos, no es una tarea aislada. Hoy las islas ya no están aisladas, eeeh, hoy las islas son geográficamente y políticamente otra cuestión. Hay islas evidentemente, eeeh, islas muy importantes, por ejemplo las islas británicas son muy importantes. Pero las islas británicas están unidas ya por un túnel, eeeh, por con el continente, exactamente por Francia. Hay otras islas importantes, por ejemplo, las islas Azores son importantes, y hay otras islas que forman parte también del... del... de Europa desde el punto de vista de regiones ultraperiféricas, las islas Canarias que sé yo muchas islas las islas francesas, las islas Mauricio, en... todos esos todo eso es importante."

2003-04-22, 09:50 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/7346

Comentarios

1
De: eva-lamaga Fecha: 2003-04-22 15:30

que alguien lo "aisle", por favor!!!



2
De: eledhwen Fecha: 2003-04-22 17:07

Olvidáronselle as Illas Cíes.
Evitounas para non pringarse metendo a pata.
¡Qué sagaz este presi noso! ;D

Sr Ansar, acougue, preste atención, e algo así, mais ou menos e sen pensar: "As Illas Canarias, inda que mais aló do límite físico-xeográfico europeo, teñen a súa importancia dentro do contexto político-xeográfico do continente, ao cal están vencelladas (históricamente, por exemplo); e ainda que non acaden a importancia de illas coma as Británicas (inciso: se quere falar da pérfida Albión, vaia, pero non lle sei eu...), téñense moi en conta a hora de potenciar a relación atlántica".

Outra cousa e que para os políticos eso sexa verdade, coido que a importancia das Canarias para eles é doutra cor, pero xa falaremos deso, ¿non sí?



3
De: Fumador empedernido Fecha: 2003-04-22 17:41

Pois, xa que nos liou, a ver se é vostede quen de convencer ao Xavier para que escriba un contiño de cómo chegar a ex-fumadores sen morrer no intento...Os nenos estariamoslle eternamente agradecidos.



4
De: Susana (tratando de ser ex-fumadora!!!) Fecha: 2003-04-22 17:57

Vaia, vaia. Abraiada coa oratoria do bigotes, non me dera conta do remate: islas Mauricio. Si señor, deben ser como "A balsa de pedra" do meu admirado Saramago e van a deriva desde o Índico ó Atlántico, pasando polo Cabo de Boa Esperanza. Elemental, querido Cascos...



5
De: Borja Fecha: 2003-04-23 02:36

Seraaaa maravillosoooo viajar hasta mayorcaaaa

sin ncesidaddd de cojer el barco o el avionnn

solo caminandooo en bicicletaaa o auto-stop...



6
De: ivan Fecha: 2003-04-23 08:01

a verdade e que o relato sobre a descripcion de unha isla e apaixoante,non merece mais comentarios, so lle faltaba dicir que as illas britanicas agora son unha peninsula!!



7
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-23 10:24

A oratoria de Míster Ánsar é semelhante á dun rapaz que non se sabe ben a lección e empeza a improvisar unha resposta para as preguntas do exame:

¿Os Reis Católicos? Os Reis Católicos... eran uns reis que había en España... eran un rei e unha reina... e eran moi católicos... o rei era católico pero a reina era máis católica aínda...(etc)



8
De: adriana Fecha: 2003-04-23 20:18

deja a Robert L. Stevenson en "pelota".



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.74.137 (ab6ac1b4cb)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley