caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Escribir no caderno
> Escribir no caderno <

"Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. ¿Que é todo esto? Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro de que todo seguirá igual despois de que eu morra. Virá máis xente, e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido.

Escribir no caderno -¡quen o diría!- é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre. Pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero para min é milagre todo. Dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo."

Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas

2003-04-21, 22:13 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/7327

Comentarios

1
De: eva-lamaga Fecha: 2003-04-22 00:39

Unha chamada a empatía blogalita, sen dúbida:



2
De: Vendell Fecha: 2003-04-22 02:24

Entender o mundo. Velaí ten un bo motivo para aprender ciencia.



3
De: Akin Fecha: 2003-04-22 04:32

Sen dúbida era un predecesor noso.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-22 10:07

Do que se trata, semore, é de que para que exista resposta, debe existir primeiro a pregunta. Sen curiosidade, sen desexo de saber máis, non hai ciencia, non hai arte, non hai humanidade.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-22 10:08

Onde len semore, imaxinen que está posto sempre



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.52.8 (b2f138890d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley