Paseo polo parque de San Diego, baixo a mirada indiferente de ducias de gaivotas. Sento nun banco para ver nacer o sol, pouco antes de que o mar se volva azul. Estou posuído pola gratitude. Ás veces penso, como Seymour Glass, que o mundo conspira para facerme feliz.
¶
Escribín ese mínimo texto no verán do 2001. Lido hoxe chámame especialmente a atención. Dunha banda, polo terrible que pode resultar falar de gratitude e de felicidade nos momentos que vivimos. Doutra, porque calquera alusión ao azul do mar ten desde o 13 de novembro para calquera galego un viscoso pouso de amargura.
Princesa Fiona: creo que o mundo sorrí para nós constantemente. Somos nós, os seres humanos, quen nos empeñamos en taparlle a boca. Ben, non todos. Só algúns. O 91%, máis ou menos, pensamos noutra onda ben diferente...
Terenci era da opinión de que o mundo está tolo, pero que eso non debería amargarnos a existencia. Penso, coma el, que a felicidade e un obxectivo irrenunciable.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.