A min gustaríame falarlles do estupendo concerto dos
Pernice Brothers que vin o pasado sábado, do guapo que está
Oier, ou da miña sobriña Iria, por exemplo. Pero a actualidade, de cor negro chapapote, obrígame a dicir algo, día si, día tamén, deses desagradábeis temas que nos levan a ir polo mundo adiante ladrando.
Pois hoxe non. Hoxe négome. Hoxe vou falar de cine, unha das miñas paixóns. En concreto, dun clásico da ciencia ficción dos anos cincuenta:
Dirixiuna Robert Wise, un artesán de inmenso talento responsábel de varias obras mestras na súa carreira. A película chámase "The day the earth stood still", e en España estreouse co título "Ultimátum a la Tierra", e ...
¿Ultimátum a la Tierra? ¿Dixen
Ultimátum a la Tierra? Mecachis, aínda que non queira, sempre acabo falando de George Bush e dos seus compañeiros de masacre...
¶