caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O que non se mova non sae na foto
> O que non se mova non sae na foto <



O sábado saímos á rúa moitos miles de cidadáns para dicir, unha vez máis, "Non á Guerra". Tamén unha vez máis, a policía local caeu no ridículo usual á hora de dar o número de asistentes: 15500 desta vez, nese afán incomprensible, patético e clamorosamente analfacientífico por facer que os datos acaben en 500. Tanto me ten, a verdade, aínda que siga sen entender por qué rebaixan as cifras con descaro coma se as protestas fosen contra eles.

Só alguén que non queira ver nin oír pode negar a evidencia: a sociedade está -estamos- en pé. A xente acode en masa as manifestacións, déixase ver sen medo, fala, opina, escoita. Asómome á fiestra e vexo o Parque Europa repleto de tendas de campaña que se contan por ducias, ocupadas por membros dun colectivo chamado Redes Negras que optaron por esta acampada como xeito de protesta ante a desfeita do Prestige e a loucura da guerra. Vexo día tras día centos e centos de fiestras que locen orgullosas a bandeira de Nunca Máis, o símbolo definitivo dun pobo que se ergueu contra o tirano. Os actos reivindicativos se suceden os uns aos outros, organizan as nosas axendas de xeito implacábel, pero non nos queixamos. Asumimos a necesidade de estar aí e de tomar postura, pois hai momentos na vida nos que a peor actitude posíbel é a indiferencia. Atopámonos un día si e outro tamén, cun motivo ou con outro, expresando en paz e en liberdade a nosa indignación e o noso desprezo, e a esixencia de medidas sensatas e coherentes. Estamos en guerra, si, en guerra contra a manipulación, en guerra contra a mentira, en guerra contra os intolerantes, contra os que asasinan, contra os responsables da fame e da miseria. En guerra contra o mal, en calquera das súas formas.

Estamos en pé, e non hai quen nos pare. Por iso, pese a todo, son optimista.

2003-03-17, 08:55 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/6163

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-03-17 08:57

Maestro rvr: es usted mi héroe. ¡Ah, esto es vida!



2
De: rvr Fecha: 2003-03-17 09:58

Vaya, no me has dado tiempo ni a ponerte el mensajito de bienvenida. Pues eso, que no sé cómo se dice en gallego, pero me alegro mucho que pase de comentarista a autor en esta aldea blogala ;)



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-03-17 10:11

Yo también me alegro mucho. Esto es una maravilla, ¡si hasta puedo poner los acentos en los enlaces!



4
De: Akin Fecha: 2003-03-17 10:28

Que pouco tardou en saber poñer fotos, enlaces e demais...

Benvido señor Pawlye.



5
De: Jorge Fecha: 2003-03-17 15:43

Como hoxe é "o día da verdade para o mundo" ó millor alguén publica as verdadeiras cantidades de xente que acudimos (acudides) ás manifestacións, en fin...



6
De: Vendell Fecha: 2003-03-17 21:32

Benchegado, amigo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.158.80.117 (3bd2e8136f)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley