Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Cantos de Reis
> Cantos de Reis <

No blog A Coruña Cultura poden ver algunhas das actuacións do concerto participativo de Cantos de Reis que se celebrou onte na Coruña no Fórum Metropolitano: as de Xacarandaina, Donaire, Eidos, Maghúa, Mini, Mero e Raúl Galego e Os Gaiteiriños. Deixo para o final aos participantes nos obradoiros que desenvolven as (modélicas) Bibliotecas Municipais, que guiados por Marta Pumares, Pablo Díaz e Olga Kirk fixeron esta estupenda demostración:



Canto de Nadal de Bembibre

Esta noite de Nadal / por ser noite de alegría,
camiñando vai Xosé / e mais a Virxe María.
Camiñan para Belén / a ver se chegan con día,
cando a Belén chegaron / a media noite sería.
- Abre as portas porteiro / a Xosé e a María.
- Como as vou abrir? dilles, / porque chaves el non tiña.
Se non as teño de ouro / nin tampouco prata fina,
eu só quería saber / cando a Virxe paría.
A Virxe non pare hoxe / nin a noite que xa viña,
mais, á media noite en punto, / a Virxe parido tiña.
Trouxo un neno tan fermoso / que ao mundo resplandecía,
tanta era a súa pobreza / que pano para el non tiña.
Botou man ao seu cabelo / ao paniño que traía,
rompeuno en tres anacos / ricamente o envolvía.
Baixou un anxo do ceo / que ricos panos traía,
uns que eran de Holanda / e outros de Holanda fina.
Subiu o anxo ao ceo / cantando o Ave María.
Preguntoulle o Pai Eterno: / - como queda a parida?
- A parida queda ben / na camiña recollida,
cuberta con mantos de ouro / bordados de prata fina.
Déanos o aguinaldo, / anque sexa pouco
un touciño e medio / e a metade doutro.

2008-12-23, 17:57 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/61216

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.99 (6bb1ab38b6)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley