|
Un dos inicios de filme máis marabillosos que existen. Unha música conmovedora. Un neno que cantaruxa e pinta e suspira e xoga cunha caixa de tesouriños. Un resumo da nenez.
Moito tempo tiven ese principio nun cassette, gravado directamente da tele, da película tamén gravada en VHS dos tempos de Qué grande es el cine. Unha empeza vendo esas pelis porque a túa nai é fan de Gregory Peck e escribíulle unha carta a La Jolla [California] aos 17 anos e... en fin, acaba colléndolles afición.
|