Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > Os libros galegos non son galegos?
> Os libros galegos non son galegos? <

Atinadísimo o post de onte de Jaureguizar:

"As entidades financieiras galegas pídennos os aforros porque son galegas, os medios de comunicación galegos pídennos que lles sirvamos de audiencia porque son galegos, as librarías do país pídennos que merquemos nelas porque son galegas. Eu teño os meus cartos en entidades financeiras galegas, eu consumo información de medios galegos, eu merco nas librarías galegas e non por internet como podería. Logo miro que as entidades financieiras e algúns medios de comunicación convidan (e pagan) para dar conferencias a escritores españois de terceira rexional, logo miro que moitos medios de comunicación enchen páxinas con entrevistas e críticas eloxiosas a calquera primeirizo editado a catrocentos quilómetros do país e tratan o libro galego coma "recurso" (eses anuncios de oenegués que enchen baleiros ou silencios), logo miro que moitas librarías non teñen un só libro galego no escaparate. Pregúntome se entidades, medios e librarías son galegos, e o que non é galego é o libro galego".

2008-12-22, 16:20 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/61195

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.243 (32f2a66cdc)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley