Hoxe
mércores 17 de decembro ten lugar a quinta edición da xornada anual de divulgación científica organizada pola
AIRS, Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra. A sesión celébrase en horario de tarde, de 17 a 21 horas, no Centro Sociocultural Caixa Galicia (rúa Médico Rodríguez, A Coruña), con entrada libre até completar a capacidade do recinto. Este é o programa da xornada:
-Presentación da xornada por
Xosé Antón Fraga, presidente da Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra.
-
A actividade científica de Ramón de la Sagra, por
Ascensión Cambrón, profesora da Universidade da Coruña.
-
A divulgación cientifica en Internet a través dos blogs. Experiencias cun blog sobre evolución, bioloxía e paleontoloxía: "El PaleoFreak", por
Ernesto José Carmena Riesco, licenciado en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro
El Creacionismo, ¡vaya timo! (Ed. Laetoli).
-
Unha editorial da divulgación científica, Le pourquoi pas?, por
Julio Casal e
Óscar Sánchez, quen comentarán a súa experiencia ao longo destes últimos dous anos como editores de libros de divulgación científica.
Le pourquoi pas? é un selo editorial nacido na Coruña en 2007.
-
Un xeito de divulgar ciencia, Neurocom, por
Xurxo Mariño, Profesor Contratado Doutor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña; membro do grupo de investigación
Neurocom.
-
Giacomo Casanova e as subprime. Unha experiencia de divulgación da economía e as matemáticas, por
José Luis Fernández, profesor de Análise Matemática da Universidade Autónoma de Madrid, director da
Revista Matemática Iberoamericana. A Teoría da Probabilidade permite xestionar (razonablemente ben) o azar nas compañías de seguros e nas entidades de crédito e asemade úsase para deseñar estratexias de apostas en xogos de azar e inversións en mercados financieiros. A conferencia explicará a maneira, e analizará tamén o papel das Matemáticas e os matemáticos na crise financieira que se iniciou en xullo de 2007.
-
O reto de divulgar. Ciencia e literatura para o século XXI, por
Martí Domínguez, Universidade Valencia, director de
Métode, revista de divulgación científica.
¶