Hoxe martes 16 ás 20:30 no
Centro Galego de Artes da Imaxe preséntase a copia restaurada do filme
El andamio, escrito e dirixido en 1958 por Rogelio Amigo coas interpretacións de José María Pujalte e Marisa Naya e fotografía de Carlos Docampo, unha curtametraxe dramática de produción amateur rodada en diferentes localizacións da cidade da Coruña. A sesión complétase coa estrea do documental
50 años en el andamio, escrito e dirixido por Ángel Rueda con produción de
Lili Films, sobre a recuperación da fita e o proceso de investigación paralelo na procura das claves dun filme certamente suxestivo e dos seus autores. O acto, de entrada gratuíta, contará coa presenza de Rogelio Amigo, José María Pujalte, Antonio e Carlos Docampo, Ángel Rueda e Silvia Longueira.
¶