Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > Hai país
> Hai país <


Xabier P. Docampo no espazo da AELG do Culturgal


"O país que temos non se merece este esforzo extraordinario", escoiteille dicir antonte a alguén a conta do Culturgal. Botei catro días no Palexco chegando tarde atendendo xunto a goretoxo e os pais dos pelachos o espazo da AELG e a miña impresión é xustamente a contraria. Abraiado polo grande número de visitantes, din que trinta e cinco mil, e sumido aínda na ledicia dos encontros e reencontros desta fin de semana, saio da feira convencido de que hai país. De Elviña a Matamá, de Ourense a Ribadeo, hai país, claro que o hai. Un país diverso que non pode ser descrito cunha única etiqueta, un país retranqueiro que non atende a estereotipos, un país vello que está coma de quince. Un país ao que se lle deben aínda moitos esforzos extraordinarios.

2008-12-08, 02:36 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/60948

Comentarios

1
De: Alfredo Ferreiro Fecha: 2008-12-08 02:55

Si que chegaches tarde. Pero haberá que perdoarcho por todo o apoio e ilusión que aplicaches nestes densos días de feira cultural, entre tratantes e oficiantes.
Concordo coa túa visión positiva do evento: cando as cousas se fan coa fórmula debida os resultados son bons. Adiante con máis, con creatividade e ilusión!



2
De: willard Fecha: 2008-12-08 11:12

Home eu non fun... non podo opinar do culturgal... Mais sempre que sexa sumar está bem... Quédome coas túas verbas de "esforzos extraordinarios"... Moitas veces estes esforzos non só se deben a cuestións económicas ou de infraestructuras senón de "entendederas". Creo que o que fai falta é maior esforzo de comprensión e tamén de explicación. Tamén unha posta en práctica das ideas con metodoloxía e planificación. A improvisación está bem para saír do paso mais para proxectos a longo prazo necesítase máis estructuración, obxectivos e conclusión. Hai que construír e para iso hai que desbotar o leirismo, cainismo e outros ismos que están tan aferrados ao ser gaelgo. Pois iso que está bem cousas como o culturgal, mais coidado coa instrumentalización e co discurso valeiro como se escoitou con reiteración no FSG en compostala....
bem, que me enrrollo, alá...
saudos



3
De: Cora garcía Fecha: 2008-12-08 22:32

Claro que Galicia non se merce un evento cultural tan merdeiro como ese. Cos colegas do mojito e do nunca máis.Claro que sí Galiza ten a mellor música e cultura de España, pero non é precisamnente á que foi ó culturgal



4
De: ghanito Fecha: 2008-12-09 12:34

E que música e cultura é esa? Porque nunha feira ha de haber unha representación, non pode estar todo o mundo. Que xente non estivo representada?
E o de merdeiro, a que se refire? Porque se houbo fallos o bo sería aportar posibeis melloras para o ano que ben. Se o que non gusta é que se faga contando coas industrias supoño que para iso xa hai outros eventos durante o ano.
Coa maior das humildades, Cora, acho que o comentario di de mais ou di demasiado pouco.

E conste que eu non teño relación nin con consellerías, nin coa organización, só pasei por aló estes días.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.240 (e74b1ddb39)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley