Non teño tempo de escribir un post máis longo; prometo crónica de Xixón á miña volta (á miña primeira volta, debería dicir, porque se todo vai ben haberá dúas). Xa sei que lles dixen isto outras veces e logo non fixen tal, mais a diferencia é evidente: Xixón é un festival infinitamente mellor tanto no que atinxe á programación (cinematográfica e extracinematográfica) como á organización, e isto é algo que convén repetir moitas veces en voz alta coa esperanza de que o exemplo vaia callando. Haberá post(s) festivaleiros, si, mais agora o urxente é que cambien todos os plans que teñan para esta noite e vaian ás 20:30 ao CGAI para ver un filme magnífico, La trinchera luminosa del Presidente Gonzalo, co privilexio de contar coa presenza do seu divertidísimo director, Jim Finn. O (babélico) coloquio que mantivo onte en Xixón foi para non esquecer.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.