El cant dels ocells, a obra mestra de Albert Serra, si estará finalmente en Cineuropa: hoxe ás 18 horas no Salón Teatro (Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela) e o sábado 15 de novembro ás 23 horas na Aula Sociocultural Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18, Santiago).
¶
Se só fosen os gustos..."obra mestra, asombroso, entusiasmo, abraiante, magnífico"...véxote nun programa cultural (no amplo sentido do termo) destes da telegaita en pouco tempo, Poli.
Pois rectificar é de sabios. A primeira vez que a vin non me chistou moito, pero no segundo visionado sí que me entrou moito mellor. Serra fala moi ben das contradicións da fe, tanto estética como intelectualmente. Segue sen parecerme unha película maxistral, pero Serra vai polo bo camiño.
Mirou vostede, Pawley, onte en Santiago 'Manuel&Elisa'? Se non, vaino facer hoxe? Eu recomendarialla vivamente. Fíxese vostede a confianza co q, que teño previsto aínda vela hoxe.
Pawley, mirou vostede onte en Cineuropa 'Manuel&Elisa'? Eu recomendarialla vivamente. Fíxese vostede a confianza co que llo digo, que teño previsto vela hoxe.
Vin "Manuel e Elisa" hai algo máis dun mes. Creo que apunta en demasiadas direccións (do documental de creación á reportaxe, da aposta observacional ao filme de testemuñas), e o conxunto adoece dunha certa indefinición. En calquera caso, é unha obra que merece respecto. Paréceme bastante máis valiosa, por exemplo, que o Eloxio da distancia de Felipe Vega e Julio Llamazares.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.