Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > A curtametraxe de Peque Varela 1977 estará no Festival de Xixón
> A curtametraxe de Peque Varela 1977 estará no Festival de Xixón <



A extraordinaria curtametraxe de Peque Varela 1977 visita este mesmo mes o Festival de Xixón, pois forma parte da retrospectiva Una parte del cielo: Directoras europeas en el nuevo milenio. Rexeitada en diversos certames, entre eles o compostelán Curtocircuito, a sorte desta imprescindíbel peza de animación cambiou radicalmente ao ser seleccionada a competición no Festival de Sundance, primeiro paso notábel dunha traxectoria internacional con escalas en Lisboa, Chicago ou Stuttgart. O éxito obtido fóra acabou por espertar o interese dos festivais galegos, que nos últimos tempos non paran de darlle premios a 1977: primeiro en Cans, logo no Filminho, e máis recentemente no MIVICO e en Ourense. Nunca é tarde se é para ben.

2008-11-09, 22:42 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/60464

Comentarios

1
De: X Fecha: 2008-11-19 00:10

Non estou nada posta, nin en curtas nin en animación, iso si, encantoume a historia de Peque Varela. Grazas polo seu labor de divulgación neste blog. Saúdos.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.98 (7daec09331)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley