Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > A Guerra dos Mundos
> A Guerra dos Mundos <


La Guerra de los Mundos, 30 de outubro de 2008 (RNE)


Unha das actividades paralelas que deseñamos para a primeira edición da Mostra de Ciencia e Cinema era unha versión galega da montaxe radiofónica d'A Guerra dos Mundos que en 1938 fixo Orson Welles coa xente do Mercury Theatre. Alá polo mes de maio contactei co avogado dos herdeiros do autor do texto, Howard Koch, que sería uns anos despois oscarizado polo guión de Casablanca, para preguntarlle baixo que condicións poderiamos adaptar a peza. Adaptar en sentido estrito: non só traducila ao galego, senón axeitala á nosa xeografía e ao noso tempo, substituíndo as músicas de orquestra doutrora por cancións actuais. A resposta foi amabilísima: a familia autorizábanos a facer unha representación ao vivo da montaxe e tamén a súa emisión pola radio "without fee", é dicir, sen pagar un peso en concepto de dereitos.

Un mes despois a Academia Española da Radio anunciaba a súa intención de conmemorar o setenta aniversario do programa coa emisión dunha versión española polas principais cadenas do estado. Aínda así non desbotamos a idea e ao longo do verán mantivemos o soño da nosa propia adaptación. A progresiva constatación de que para obter uns resultados medianamente bos precisabamos un tempo e uns medios que non tiñamos serviu para que acabasemos por valorar como alternativa viábel unha lectura dramatizada do texto, sen efectos de son, antes de desestimar finalmente o proxecto.

Estou escoitando a versión española representada o pasado xoves. É "demasiado teatreira", e iso traizoa un pouco o espírito da orixinal, que funcionaba polo seu forte carácter radiofónico (sobre todo na primeira metade). Penso que tería máis potencia dramática de empregaren sempre que for posíbel un ton neutro, "de locutor" e non "de actor". Certo que é moi doado dicir isto despois de que nós non chegaramos a facer nada: a nosa versión, quen sabe, podería ter saído moito peor. Teremos que intentalo de novo no futuro. Quizá dentro de cinco anos, cando se cumplan 75 da emisión de radio máis famosa de todos os tempos.

2008-11-02, 16:23 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/60324

Comentarios

1
De: W. Sobchak Fecha: 2008-11-02 18:26

Concordo no do "ton teatreiro".
E tamén penso que o non adaptar a acción á xeografia espanhola é outro importante factor distanciador.

Sorte para dentro de 5 anos!



2
De: peke Fecha: 2008-11-03 17:22

Ten un meme no meu blog. Se lle prace.



3
De: dorfun Fecha: 2008-11-07 21:05

...esa idea non debe agardar tanto tempo!!! ...onde hai que ir berrar?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.243 (32f2a66cdc)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley