|
Xustamente, o feito de que vaian a Xixón é unha garantía de que é posíbel programalas en Cineuropa, no caso da de Lisandro, que vai a competición, despois da súa proxección en Asturias. Hai outros filmes que se verán en Santiago que pasarán antes por Xixón, caso de Valse con Bassir. A película de Nicholas Klotz estréase a mediados de novembro, así que sería unha estupenda candidata para os primeiros días de Cineuropa. Da de Desplechin non teño noticias, só que está comprada por Alta Films.
Eu desas catro só vin dúas, a de Serra, que me gusta moitísimo (non sabería dicir se máis ou menos que Honor de cavalleria), e a de Nicholas Klotz, que me parece un filme apabullante, quizá demasiado para asimilalo á primeira. O Festival de Las Palmas vaille dedicar retrospectiva á parella Nicholas Klotz-Elizabeth Perceval o ano que vén (os outros ciclos son os dedicados a Cao Guimaraes, Craig Baldwin, Mariano Llinás, o cinema arxentino 1999/2009, Paulino Viota...)
|