Polo libro "O único que queda é o amor", que tiven a honra de
presentar na biblioteca González Garcés da Coruña en novembro do ano pasado. Máis info,
aquí.
actualización: presentamos o libro na Coruña o mércores 28 de novembro. Unha semana antes recibira chamada de Manolo Bragado confirmándome o convite para participar no acto. Estaba en Madrid, asistindo ao
Congreso de Comunicación Social da Ciencia: lembro perfectamente que falei por teléfono con Manolo no exterior do edificio do CSIC. Naquela viaxe coincidira alá co Mestre, que fora presentar
a Revista Bloc, e tamén con Ignacio Chao, daquela recén chegado ao
Corralón Manchego. Ao rematar o Congreso marchamos
Julio Casal e mais eu a Xixón para disfrutar do seu magnífico
festival: era o venres 23 pola tarde e chovía a cachón. Eu arrastraba os restos dun catarro, así que foi todo un pisar o meu cuarto no Hotel Pathos e botarme a durmir. Acordei co tempo xusto de ir á proxección de
Las variaciones Marker de Isaki Lacuesta, e alí atopei a Ángel Santos, que estes días anda
exercendo de xurado. Nos ordenadores do hotel Pathos empecei a ler
O único que queda o amor grazas a un PDF que me mandaran de Xerais. Xa coñecía algúns dos relatos, mais do libro enteiro tiven noticia en Xixón, un lugar ben importante na vida de Agustín. Chameino por teléfono o domingo, mais non para falar do libro, nin sequera sobre a presentación, senón para convencelo de que algún ano tiña que animarse e vir ao festival de cinema. Eu non perdo a esperanza de compartirmos no futuro algunha sesión no Antigo Instituto ou no Teatro Jovellanos.
¶