Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > m+c+c: chega a Galiza o último de Werner Herzog
> m+c+c: chega a Galiza o último de Werner Herzog <

The wild blue yonder (Werner Herzog, 2005), Premio Fipresci no Festival de Venecia, o xoves 23 ás 20:30 e o venres 24 ás 23 horas no CGAI:



"Un extraterrestre que vive na Terra conta o relato da heroica viaxe dunha nave cara a un planeta chamado Yonder e situado nos confíns do universo coñecido. A nave ten un curioso obxectivo: encontrar un planeta habitable para a Humanidade, ameazada por un grave virus. Magnífica banda sonora en correlación —como en toda a produción, de Herzog— con imaxes fermosas, resultado da mestura de material orixinal da NASA combinado con filmacións propias".


Encounters at the end of the world
(Werner Herzog, 2007), o sábado 25 de outubro ás 18 horas na Domus:



"Nesta nova meditación sobre a natureza, Werner Herzog explora unha terra de Lume, Xeo e incríbel Soidade. Hai unha sociedade oculta ao final do mundo. Un milleiro de homes e mulleres viven xuntos na Antártida en cuartos que ninguén pensaría que existisen, arriscando as súas vidas e saúde en busca de avances científicos. Agora, por primeira vez, un estraño foi admitido. No seu primeiro documental desde Grizzly Man, Werner Herzog, unicamente acompañado por un cámara, viaxa á Antártida na procura dos rastros da natureza e a humanidade en estado puro".

2008-10-22, 00:58 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/60118

Comentarios

1
De: miguel Fecha: 2008-10-25 16:46

¡Qué sorte! Encounters at the end of the world está editada en DVD pero non hai subtítulos, así que foi unha ocasión perdida...

The wild blue yonder é unha das mellores películas sobre o espacio que vin, retomando certas ideas da primeira parte de Mission to Mars de De Palma e extendendoas cara o falso documental. Imprescindible Brad Dourif



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.240 (e74b1ddb39)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley