Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > m+c+c: estrea de Nosotros alimentamos al mundo
> m+c+c: estrea de Nosotros alimentamos al mundo <

O mércores 22 de outubro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e con entrada libre e de balde, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias estrea ao abeiro da I Mostra de Ciencia e Cinema o filme Nosotros alimentamos al mundo, do austríaco Erwin Wagenhofer, tres semanas antes de que chegue ás salas comerciais en España:


"A cantidade de pan que non se vende e se tira cada día en Viena chegaría para subministrar pan á segunda cidade de Austria, Graz. Unhas 350.000 hectáreas de terra agrícola, sobre todo en América do Sur, adícanse ao cultivo de soia para alimentar o gando de Austria mentres un cuarto da poboación local pasa fame. Cada europeu come dez quilogramos ao ano de verduras artificialmente irrigadas en invernadoiros no sur de España, cos consecuentes problemas de falta de auga.
En NOSOTROS ALIMENTAMOS AL MUNDO o cineasta austríaco Erwin Wagenhofer explora as orixes do que comemos. A súa viaxe lévao por Francia, España, Romanía, Suíza, o Brasil e de novo a Austria. A nosa guía na película é unha entrevista con Jean Ziegler, o Relator Especial de Nacións Unidas sobre o Dereito á Alimentación.
NOSOTROS ALIMENTAMOS AL MUNDO é unha película sobre o alimento e a globalización, os mariñeiros e os granxeiros, os camioneiros e os executivos corporativos de alto nivel, o fluxo de mercancías e de diñeiro -unha película sobre a escaseza en medio da abundancia. Chea de imaxes inesquecíbeis, a película infórmanos sobre a produción do noso alimento e dinos por que temos moito que ver coa fame no mundo".

2008-10-21, 00:31 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/60091

Comentarios

1
De: syldavija Fecha: 2008-10-21 18:08



"We fucked up the West, now we are coming to Romania and we will fuck all the(ir) agriculture here"

Por que os subtítulos non usan unha linguaxe tan dura ao par que clarificadora?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.99 (6bb1ab38b6)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley