Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > Of Time and the City
> Of Time and the City <



Os dous grandes documentais do ano están cheos de palabras. Escritas, ou máis ben esculpidas, nun deles, Profit motive and the whispering wind, a obra mestra de John Gianvito; declamadas con intensidade e paixón no outro, Of Time and the City, o novo prodixio cociñado por Terence Davies que teñen ocasión de ver mañá mércores ás 20:30 no Centro Galego de Artes da Imaxe. Un canto de amor e odio ao lugar onde naceu e se criou o cineasta, Liverpool, e tamén un repaso pola súa memoria e pola formación da súa identidade. Na primeira proxección do documental no Festival de Donostia un estraño erro eliminou da banda sonora a voz en off. Saín do Kursaal 2 completamente perdido, sen entender a aqueles que a viran en Cannes e volveran entusiasmados: aquilo era unha pura sucesión de imaxes descontextualizadas, nada que puidera producir a máis mínima emoción. Un segundo pase ao día seguinte serviu para arranxar a desfeita: é a voz impagábel de Terence Davies a que lle dá sentido a todo a través duns textos memorábeis que mesturan humor e lirismo, saudade e retranca, o ton máis íntimo e o discurso máis corrosivo, exultantemente ateo e republicano. Unha marabilla a non perder.

2008-10-07, 19:46 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59866

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.242 (5d62491a50)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley