caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cinema no Fórum: Terror e ciencia-ficción
> Cinema no Fórum: Terror e ciencia-ficción <

Terror e ciencia-ficción

Case desde que naceu o cinema comezou a fabular, e grazas a xente coma Georges Méliès a pantalla encheuse de maxia en fantasías inocentes que aínda hoxe vemos con agrado. Mais lonxe daquela primitiva inxenuidade, a sala escura revelouse ben axiña coma un espacio perfecto para pasar medo. O inquedante panorama da Alemaña posterior á primeira guerra mundial foi o caldo de cultivo idóneo para que agromasen obras mestras do horror coma O gabinete do doutor Caligari ou Nosferatu. Os contrastes e as sombras do expresionismo viaxaron logo a Hollywood da man de grandes autores e técnicos para alimentar as mellores pezas do último cinema silente e tamén os primeiros anos do sonoro: nunha época na que as películas se botaron a falar e a cantar -non sempre para ben- foi o terror un dos ámbitos nos que con máis sentidiño se empregaron os micrófonos.

Resolvendo con intelixencia as limitacións da "serie B", as ficcións fantásticas e de terror fabricadas a partir dos anos trinta contaron sempre co apoio dun público entusiasta e fiel. O prestixio adquirírono co tempo, coa participación de cineastas que agora temos en grande consideración coma James Whale, autor dos dous "Frankenstein" canónicos, ou o Jack Clayton de Suspense, coa sublime Deborah Kerr protagonizando unha magnífica adaptación d'A volta do parafuso de Henry James; e tamén dese mito que é Roger Corman, autor e produtor de películas baratísimas e deliciosas que non renuncian ao humor, nomeadamente nas súas (máis ben bizarras) versións de Edgar Allan Poe. Polo mesmo vieiro, aínda que con moitísimos máis medios, móvese o Bong Joon-Ho de The host, que acumula temas e tópicos -no mellor sentido- para construír un filme extraordinariamente divertido e cheo de ritmo. Un thriller de ciencia-ficción, a francesa Chrysalis, completa o programa dun ciclo que xa é tradicional nos outonos do Fórum Metropolitano.

Sala Fernando Rey. Outubro de 2008

2, 3 e 4: Bride of frankenstein (A noiva de Frankenstein), de James Whale. Con Boris Karloff, Colin Clive. Estados Unidos, 1935 - 1 h 26 min - V.O.S. en castelán

9, 10 e 11: Chrysalis, de Julien Leclercq. Con Albert Dupontel, Marie Guillard. Francia, 2007 - 1 h 35 min- V.O.S. en castelán.

16, 17 e 18: The innocents (Suspense), de Jack Clayton. Con Deborah Kerr. Reino Unido - Estados Unidos, 1961 - 1 h 37 min - V.O.S. en castelán.

23, 24 e 25: The host, de Bong Joon-Ho. Con Song Kang-Ho. República de Corea, 2006 - 2 h - V.O.S. en castelán.

30, 31 e 1 de novembro: The man with x-ray eyes (O home con raios X nos ollos), de Roger Corman. Con Ray Milland. Estados Unidos, 1963 - 2 h - V.O.S. en castelán.

2008-10-02, 10:51 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59777

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.167.215.35 (f09bef978c)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley