|
Parte deste post débollo ao meu amigo Jorge, para quen Paul Newman foi a primeira persoa da que quixo saber quen era o ser humano que estaba detrás de todos eses personaxes fascinantes.
Outro amigo, Xabier P. Docampo, adoita dicir que a parella que formaban Paul Newman e Elizabeth Taylor (Brick e Maggie) en A gata sobre o tellado de zinc é a máis fermosa vista xamais nunha pantalla. Non serei eu quen lle leve a contraria.
|