Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > Solidariedade e matemáticas
> Solidariedade e matemáticas <

Díxoo José Montilla, presidente da Generalitat: "No vamos a consentir que Cataluña reciba menos que la media. ¿Por qué tenemos que recibir menos que la media? ¿En nombre de qué solidaridad?". Pois da solidariedade a secas, é dicir, a adhesión circunstancial á causa ou empeño dos outros, neste caso pola vía de que os máis ricos contribúan ao benestar dos menos afortunados, ou para ser máis exactos ao benestar daqueles cuxa riqueza non se computa en termos estritamente financeiros. Mais tamén en nome das matemáticas, posto que unha media como a que cita o intelixentísimo president obtense a partir de cifras diferentes, que necesariamente estarán unhas por riba e outras por debaixo dese valor medio que resulta das operacións.

2008-09-11, 10:51 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59402

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-11 10:51

A non ser, claro, que se faga unha divisón exacta entre todos, supoño que proporcional á poboación, ignorando os desequilibrios e as súas causas, algunhas que veñen de vello e outras máis contemporáneas.



2
De: webensis Fecha: 2008-09-11 19:13

"¿Por qué tenemos que recibir menos que la media?"

Porque sois más ricos que la media, estúpido.



3
De: jorge Fecha: 2008-09-12 00:04

"¿Por qué tenemos que recibir menos que la media?"

E tamén porque ¿cómo se fai unha media se uns non están por debaixo e outros por enriba?
E para repartir mazáns se un xa ten 4 ¿non terá sentido que reciba dúas e non 3 coma o que so ten unha?
Dan pena, e crense de esquerdas, en fin



4
De: Lois Cerdeiro Fecha: 2008-09-13 23:25

Mais analfabestia ca min, joajoajoa.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.243 (32f2a66cdc)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley