O vindeiro 15 de setembro pecharase o prazo de recepción de curtametraxes para o 36 Certamen Audiovisual Internacional
Todo aquel que teña unha curtametraxe realizada con data posterior a xaneiro de 2007 e dunha duración menor a 25 minutos aínda está a tempo de enviala ó certame, tan só ten que cumplimentar a ficha de inscrición que está dispoñible
na páxina web do festival e enviala xunto coa súa peza a:
36 CERTAMEN AUDIOVISUAL INTERNACIONAL
LICEO CASINO
Rúa Castelao, 5
36600 Vilagarcía de Arousa
Galicia (ESPAÑA)
As obras seleccionadas optarán a un dos 8 premios que outorgará o xurado nunha gala que se celebrará no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o 8 de novembro. Hai un total de 7 categorías:
Premio ó Mellor Audiovisual, con dous galardóns, un primeiro premio de 2000 euros e un segundo de 1500 euros;
Premio Galicia, cunha dotación de 1500 euros para traballos rodados en galego;
Premio Liceo Casino, 600 euros para a mellor cinta dun director da comarca do Salnés;
Premio Especial Animación, 1500 euros para a mellor curta animada;
Premio Novos Realizadores, 600 euros para a mellor curta realizada por un estudante dos centros galegos especializados;
Premio do Público, 1000 euros e o
Premio Especial do Xurado cunha dotación de 1000 euros.
¶