Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Meryl Streep e Antonio Banderas, Premios Donostia 2008
> Meryl Streep e Antonio Banderas, Premios Donostia 2008 <
Era o que quedaba por saber, e acaban de anuncialo: Meryl Streep e Antonio Banderas son os premios Donostia 2008. O de Banderas soa un pouco a solución de última hora, aínda que teño a certeza de que a resposta do público e da prensa a ese premio vai ser magnífica (Antonio e Melanie teñen moito tirón).
Xa sabemos tamén a composición definitiva dos catro xurados:
Sección Oficial: Jonathan Demme (presidente), Michael Ballhaus, Martina Gusman Urruti, Masato Harada, Nadine Labaki, Clare Peploe e Leonor Watling.
Premio Altadis-Novos directores: Joan Chen (presidenta), Koldo Almandoz, Calmin Borel, Sandra Den Hamer, Keja Ho Kramer, Hisashi Okajima, Antonio Santamarina.
Premio Horizontes: Mirtha Ibarra (presidenta), Jorge Goldenberg e Luis Miñarro.
Totalmente de acuerdo contigo. En cuanto a Meryl, creo que no se podía escoger mejor. Debe de ser una mujer gamberra y cercana, así que creo yo que va a dar más juego con el público que Antonio y Melanie juntos. La Streep no da esa sensación que tiene Melanie, de que se le van a reventar los labios y demás prótesis de silicona de un momento a otro, a menos que lo desmienta al natural, claro.
Hai que recoñecer que Meryl está gañando moito, moitísimo, co tempo, e en todos os sentidos. Prefíroa agora, máis natural, fresca, valente, sólida, cómica e desenfadada (aínda que sexa a costa de facer bodrios como Mamma mia), que cando era máis nova, naqueles mega-dramóns para os que parecía estar especializada. E é certo que nunca foi guapa (máis ben ao contrario), mais consérvase francamente ben: vai para sesenta anos, a idade que tiña Katharine Hepburn en Guess who's coming to dinner...
Vaia por deus, xa saiu a valoración masculina da "guapura". Dicir que a Streep nunca foi guapa senón o contrario, xa ten mérito. Como as mulleres o xulguen a vostede con parámetros tan esixentes, señor Pawley, coido que ningún amigo lle vai arrendar a ganancia.
Masculina ou feminina, María, que xulgar a beleza allea non implica facer ningunha valoración despectiva dos méritos que en conxunto ten alguén, independentemente do xénero da persoa que opina e o daquela sobre a cal se opina. O desprezo sería desbotar as virtudes de alguén con razón unicamente á súa apostura ou excelencia física, que non é o caso. Antes polo contrario, nun negocio coma o do cinema no que a imaxe -para os homes e para as mulleres- é tan relevante, Meryl Streep leva trinta anos sendo unha estrela. Por algo será.
Dígame vostede, se lle apetece, actrices actuais, boas ou malas, que reunan os atributos de beleza segundo o seu criterio. E tamén actores. Con tres ou catro de cada basta.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.