Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > 15 de marzo, eleccións galegas
> 15 de marzo, eleccións galegas <

A semana pasada o presidente Touriño anunciou a súa intención de completar a lexislatura, mais deixou a porta aberta a un lixeiro adianto técnico das eleccións galegas coa intención de que non coincidan coas europeas de xuño e reservar así un espacio de debate específico para a política autonómica. Partindo desa condición, e do feito de que entre uns comicios e outros deben transcorrer polo menos noventa días, a verdade é que o calendario non deixa moitas alternativas. Non hai data oficial para as eleccións europeas, mais o probábel é que se celebren o domingo 14 de xuño. Se restamos os noventa días antes citados, quédannos tres domingos posíbeis de marzo: o 1, o 8 e o 15. De se celebraren as eleccións o domingo día 1, a pegada de cartaces arrancaría ás cero horas do venres 13 de febreiro, e se fosen o domingo día 8 unha semana despois, o venres 20. Nos dous casos a campaña electoral atravesaría por completo o Antroido [1], circunstancia que se presta a moitas piadas. Se as eleccións fosen o domingo 15 de marzo, a campaña electoral comezaría o venres 27 de febreiro, co Antroido xa rematado. Eu aposto, xa que logo, polo 15 de marzo.

[1] O Martes de Antroido cae 40 días antes do Domingo de Ramos, o anterior ao Domingo de Pascua, que coincide co primeiro domingo despois da primeira Lúa Chea da primavera. O primeiro plenilunio primaveral en 2009 é o 9 de abril, xoves, e en consecuencia a Pascua celébrase uns días despois, o domingo 12. Se lle restan a esa data 46 días obteñen a do Mércores de Cinza, o 25 de febreiro.

2008-09-02, 01:28 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59205

Comentarios

1
De: Calidonia Fecha: 2008-09-02 12:19

Pois eu apóstolle unha cea a que serán co Entroido polo medio. Sempre o fan así cando o que interesa é a baixa participación e que todo siga igual.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-02 12:24

Acéptolle a aposta, mais ten que elixir día: 1 ou 8 de marzo. :-)



3
De: Calidonia Fecha: 2008-09-02 14:22

1 daquela. Non esqueza avisar ao gentleman Césare, que estas cousiñas sei que lle van moito ;-)



4
De: Cesare Fecha: 2008-09-02 17:28

Dependerá do que diga Ibarretxe... :D
15 de marzo!



5
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-02 17:59

Paréceme a min que chegados a este punto o que diga Ibarretxe xa non pode afectar demasiado...



6
De: Calidonia Fecha: 2008-11-24 13:03

Entón o tema ao final, como queda? Se xa din que vai ser o 15 de febreiro...



7
De: Calidonia Fecha: 2008-12-01 00:17

Actualización: http://galiciaconfidencial.com/?p=2678 Se a fonte é tan pouco confiábel como de costume xa me vexo pagando a cea ;-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.242 (5d62491a50)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley