Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Los girasoles ciegos
> Los girasoles ciegos <



Como preludio dunha longa noite de treboada o venres na Coruña foi día de moito bochorno, mais non tanto como o que sentín eu vendo a nefasta adaptación de Los girasoles ciegos que dirixiu José Luis Cuerda a partir dun conto e pico dos catro que forman o libro de Alberto Méndez. O pico é a fuxida do poeta de esquerdas encarnado por Martín Rivas coa súa moza, papel do que se fai cargo Irene Escolar. A enorme potencia do relato orixinal desaparece no filme por completo polo escaso peso que os guionistas -Rafael Azcona e o propio Cuerda- decidiron outorgarlle a esa parte da historia, esnaquizada ademais por unha desastrosa narrativa que practica máis o corte a machado que a elipse (e de aí os abruptos saltos que nos conducen dunha rapaza embarazada a un bebé xa nacido, e logo a un enterramento no monte), e que porén perde tempo en escenas innecesarias como a de Martiño arrastrando unha vaca, ou contándonos dúas veces a súa morte, primeiro coa nova publicada nun xornal (e con foto para que lle distingamos ben a cara, feito insólito na época), e logo coa visualización do encontro do personaxe cunha parella de gardas que o asasinan a balazos.

Se malo é o pico, aínda peor é o resto, verdadeiro catálogo dos horrores habituais en certo cinema español, infelizmente o que está máis establecido e adoita recibir maior apoio dos medios e as institucións. A saber: unha ambientación tópica e acartonada, un desacertado uso da música, unhas interpretacións como mínimo esvaídas, con destaque especial para o atroz protagonista, Raúl Arévalo, "o Sean Penn español"; un guión maniqueo e explícito, cuxa falta de sutileza acaba por ser avergoñante, e sobre todo a absurda vontade de querer dicilo todo con palabras e diálogos, renunciando a contar as cousas con imaxes, ou o que é o mesmo, renunciando a facer cinema.

2008-08-30, 17:54 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59169

Comentarios

1
De: Fanny Brice Fecha: 2008-08-30 19:02

Vaya, Pawley, me pillas con las entradas en la mano para ir a verla. Una pena que el au revoir de Azcona sea así. En cualquier caso, ya que hemos pagado las entradas, iremos a verla.



2
De: Willard Fecha: 2008-08-31 10:26

Algo paso co estamento crítico desta país... Non se pode conciliar o bo xuizo co engrasamento profesional porque a decadencia pode ir a maiores... Clebro a honestidade da crítica mis hai que preguntarse porque críticos como o da Voz a sitúan como obra mestra... A M.A. (e non "barracus") tiña que cairlle a cara de vergoña.... Saúdos



3
De: Don J. Fecha: 2008-08-31 15:36

Por qué será que me lo temía...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2008-08-31 19:58

Isto é o que escribiu Miguel Anxo Fernández na Voz de Galicia sobre o filme:

UNA PELÍCULA GRANDE, MADURA Y HONESTA
Una cuidada reflexión sobre la miseria humana

Ourense fue por unas horas la capital con más glamur de Galicia para recibir a José Luis Cuerda y al equipo de Los girasoles ciegos, su tercera película gallega después de las memorables El bosque animado y A lingua das bolboretas. Correspondía al cineasta la buena acogida que la ciudad y la provincia le dieron hace unos meses para su rodaje.

Cuerda (que apadrina la productora A Modiño P. C., también enraizada en Ourense) ofrece su película más personal, intensa y dura, una reflexión sobre la miseria humana y la muy dudosa moral cocida en los tiempos duros del Cara al Sol, a partir de un guión escrito junto al desaparecido Azcona, y que toma como base el espléndido libro homónimo de Alberto Méndez.

Si Cuerda se caracteriza por un exquisito cuidado en la forma, en Los girasoles ciegos se completa con un gran trabajo de Maribel Verdú y de Javier Cámara, alejado de sus registros de actor cómico para revelarse como solvente actor dramático. Es la película española del año, por honesta, madura y al margen de coyunturas.

Cine de altura marcando la diferencia.

Miguel Anxo Fernández, La Voz de Galicia, 24 de agosto de 2008



5
De: Cesar Valente Fecha: 2008-08-31 21:05

Olá: passo só pra te avisar que incluí o Dias Estranhos na listinha de recomendações que fiz no BlogDay. Abs.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2008-08-31 21:40

Obrigadísimo, Cesar!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.99 (6bb1ab38b6)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley