caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Luz branca
> Luz branca <



O sol asoma / pola fiestra alumeando / rostros durmidos. Xurxo González pecha con ritmo de haiku a entrevista que lle fixo a Oliver Laxe para a web da Axencia Audiovisual Galega. Na conversa, matutina e resacosa, o cineasta debulla o seu proceso creativo e insinúa proxectos de futuro, e deixa para o final unha frase inspiradora que vale case como autopoética: "Quen sinta a necesidade de facer filmes pode facelos. Fará todos os sacrificios que precise para iso, para que esa necesidade non se volva na súa contra. Se non os fai é porque quizá non precisa facelos, que non lle dea máis voltas. Que se acepte. Non hai escusas para non facer filmes, de ningún tipo".



En Tánxer, Oliver desenvolve un proxecto de creación cinematográfica con cativos e adolescentes, Dao Byed, "Luz branca", o nome que decidiron poñerlle os nenos ao proxector. Empezou a contar a experiencia hai pouco nun blog: as dificultades do proceso de revelado, o cinema sen cámara, as primeiras filmacións, que seguen as pegadas de Matisse... Na granxa pedagóxica, no extrarradio da cidade, hai unha burra que ten aos nenos fascinados. Están ilusionados coa idea de filmala, e así o fan: tres deles, Mohamed, Bilal e Said, soben á burra todos cheos mentres un cuarto, Tarek, manexa a cámara. De súpeto, Said ten unha idea xenial: dille a Tarek que finxa ser un ladrón. Said sería o dono da burra e, ao lonxe, rifaría con el por querer montar no animal. O xogo lévaos dos Lumière a Méliès: da anécdota documental nace a ficción, o esqueleto dun relato, pura simplicidade. Gianni Rodari estaría contentísimo.

dos arquivos estranhos: Viva Oliver Laxe! / Luz e zapatos

2008-08-28, 11:32 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59136

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.190.185 (bff174eb9a)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley