caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A muller é para o home e o galego, un dialecto
> A muller é para o home e o galego, un dialecto <

Sei por Chuza dunha entrevista "a corazón abierto" co centrocampista do Deportivo Sergio González Soriano, que se define nela como "una persona muy básica". Non fai falla que o xure, e non porque teña como canción favorita Bailar pegados e goste moito de Rocky III. A basicidade de Sergio, ou máis ben a condición de zoquete (seguindo unha das acepcións do dicionario da Real Academia Española, "persona tarda en comprender"), fica ben clara á luz destas declaracións:

P: ¿Cuántos idiomas habla?
R: Bien, sólo el castellano
P: ¿El catalán tampoco?
R: Sí, pero el catalán es un dialecto, no es un idioma, igual que el gallego. Es como el asturiano. Eso no son idiomas. Yo creo que son dialectos, no los considero idiomas. Y el inglés, tengo el del BUP.


Velaí a proba! Seica Sergio tarda en entender as cousas, pois se fose rápido co que lle aprenderon no bacharelato tiña bastante como para saber que o galego e o catalán teñen a mesma condición de "lingua" que o español, o inglés e o wolof. Vese que aínda non deu asimilado certas materias: déanlle tempo, que aínda é novo. Uns aniños de reflexión e poderá ir madurando algunhas ideas:

P: ¿Qué opina del matrimonio homosexual?
R: Es un tema muy complicado. La verdad es que según lo que digas te buscas la ruina, pero yo siempre pienso que el hombre es para la mujer y la mujer para el hombre.


Unha muller que debe ser "un poco más baja" (que el), morena e de pelo longo; o pelo é moi importante, "necesito que la combinación cara-pelo sea buena, más que el cuerpo". Non é estraño que un home tan espiritual sexa quen de pasar do romanticismo pegañento á sede con inesperada facilidade:

P: ¿Qué suele hacer después del sexo?
R: Si la persona con la que lo he hecho me gusta mucho, me encanta estar abrazado a ella. Si no, a lo mejor me levanto a por una botella de agua.


O raro é que isto saia no xornal que exerce de voceiro oficial do clube de fútbol que lle paga a nómina, do que se deduce que ninguén pensou que declaracións coma estas puideran darlle mala imaxe ao xogador. O triste é que un home nacido en democracia, con máis cartos e tempo libre que o común dos cidadáns (e polo tanto con recursos abondo para ler e formarse), exhiba sen pudor a súa mentalidade reaccionaria.

2008-08-13, 15:32 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/58937

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.230.51 (75e616cf27)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley