caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Na Feira do Libro da Coruña
> Na Feira do Libro da Coruña <

Que como ben saben non é unha feira: é un feirón. Desde hoxe, e durante dez días, nos Xardíns de Méndez Núñez, coma sempre en harmonioso convivio coa feira de artesanía e a de Casas Rexionais. Eu irei de visita a miúdo e contareilles algo aquí no blog, para non perder o costume, mais este ano estarei tamén do outro lado da barreira: o luns 4 presentando o magnífico libro de Marcos S. Calveiro Festina lente, e o domingo 10, día da clausura, ocupando a caseta de secretaría con libros científicos e convidando á xente logo pola noite a mirar ao ceo nunha sesión de astronomía urbana coa cal despedir a feira até o ano que vén.

2008-08-01, 12:15 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/58781

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley