O
Filminho, a festa do cinema galego e portugués, comezou onte martes en Goián e Vila Nova de Cerveira. Até o domingo 27 de xullo haberá oportunidade de ver alá un bo feixe de filmes producidos ás dúas beiras do Minho, uns
ben coñecidos e outros non tanto. Os novos traballos de
Ángel Santos,
Oliver Laxe e
Susana Rei son algúns dos pratos apetecíbeis dentro do menú galego dunha programación que dedica un apartado especial ao portugués
Manuel Mozos. No xurado, cubrindo a cota do país,
José Manuel Sande e máis eu.
¶